A Xunta sinala que a decisión sobre Ferroatlántica velará sempre polo mantemento da actividade industrial A Xunta sinala que a decisión sobre Ferroatlántica velará sempre polo mantemento da actividade industrial
Vídeo coas declaracións do conselleiro

A Xunta sinala que a decisión sobre Ferroatlántica velará sempre polo mantemento da actividade industrial

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro cos alcaldes da Costa da Morte, dentro do compromiso de diálogo permanente e máxima transparencia

Salienta que os técnicos e os servizos xurídicos da Administración autonómica deben avaliar a solicitude polo miúdo para ser o máis garantistas posible e adoptar unha decisión conforme a dereito

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes da Costa da Morte, dentro do compromiso de diálogo permanente e máxima transparencia durante a tramitación administrativa da solicitude presentada por Ferroatlántica.

Na reunión, Núñez Feijóo trasladoulles aos rexedores que a Xunta non variou en ningún momento a súa posición, e que seguirá estando ao lado da lei e dos traballadores e alcaldes. O titular do Goberno autonómico fixo fincapé en que o único camiño posible é o cumprimento estrito da lei, salvagardando o interese público da concesión e garantindo o mantemento da actividade industrial.

O presidente da Xunta apuntou que é o momento de deixar traballar aos técnicos e aos servizos xurídicos, que están avaliando a solicitude polo miúdo para ser o máis garantistas posible, e adoptar unha decisión conforme a dereito, evitando deste xeito caer en precipitacións nunha decisión que será vinculante.

Compártao :

Vídeos relacionados

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a

Turgalicia