Feijóo avanza que o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, cun incremento de máis dun millón de horas anuais, permitirá atender a 4.000 novos beneficiarios Feijóo avanza que o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, cun incremento de máis dun millón de horas anuais, permitirá atender a 4.000 novos beneficiarios
Vídeo da rolda de prensa de Consello

Feijóo avanza que o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, cun incremento de máis dun millón de horas anuais, permitirá atender a 4.000 novos beneficiarios

Subliña que este incremento, que supón unha suba do 21% das horas financiadas de axuda no fogar, permitirá chegar aos 20.700 usuarios, coa creación de 1.000 novos empregos vinculados a esta prestación

Precisa que este novo aumento nas horas leva aparellada un incremento do financiamento nun 13,4%: 2,6 millóns máis que en 2017 e 8 millóns máis para 2018

Salienta que, con esta medida, a Xunta responde ás necesidades de novos usuarios de 287 concellos e de 7 mancomunidades ou agrupacións de concellos

Afirma que con esta iniciativa Galicia se sitúa como a primeira comunidade autónoma neste servizo
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar a persoas que teñen limitada a súa autonomía persoal, cun incremento de 1.284.180 horas anuais, permitirá atender a 4.000 novos beneficiarios.

Máis polo miúdo, Feijóo subliñou que este incremento, que supón unha suba do 21% das horas financiadas de axuda no fogar, permitirá chegar aos 20.700 usuarios, coa creación de 1.000 novos empregos vinculados a esta prestación.

O titular do Goberno galego aseverou que en dous exercicios a Xunta terá reforzado as horas dispoñibles de Servizo de Atención ao Fogar en máis de dous millóns de horas e aumentado o número de beneficiarios nun 60,84%.

Ao longo da rolda de prensa, o responsable do Goberno galego explicou que este novo aumento nas horas leva aparellada un incremento do financiamento nun 13,4%: 2,6 millóns máis que en 2017 e 8 millóns máis para 2018.

Con esta medida, a Xunta responde ás necesidades de novos usuarios de 287 concellos e de 7 mancomunidades ou agrupacións de concellos. E os novos beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar sumaranse ás preto de 49.000 persoas que actualmente reciben algunha prestación, situándose Galicia como a primeira comunidade autónoma neste servizo.

 

Compártao :

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a

Turgalicia