Feijóo refírese á mostra Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia como o recoñecemento e agradecemento popular “a quen tan ben soubo interpretar o que somos” Feijóo refírese á mostra Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia como o recoñecemento e agradecemento popular “a quen tan ben soubo interpretar o que somos”
O presidente da Xunta participou esta tarde na inauguración da exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega

Feijóo refírese á mostra Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia como o recoñecemento e agradecemento popular “a quen tan ben soubo interpretar o que somos”

Asevera que o autor de Sempre en Galiza lembra que a milagre da existencia secular do noso país reside na unidade, e na combinación de figuras heroicas que rexistra a historia e un heroísmo sen nome que reside no pobo

Destaca a inmortalidade que Galicia lle outorga a Castelao, unha inmortalidade –di- da que gozan poucos homes

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á mostra Alba de Gloria de Castealo. Unha experiencia como o recoñecemento e agradecemento popular “a quen tan ben soubo interpretar o que somos”.

Durante a inauguración da exposición, o responsable do Executivo autonómico aseverou que o autor de Sempre en Galiza lembra que a milagre da existencia secular do noso país reside na unidade, e na combinación de figuras heroicas que rexistra a historia e un heroísmo sen nome que reside no pobo. “Velaí unha lección que debéramos aproveitar setenta anos despois da efeméride que celebramos”, dixo, subliñando que cando aumentan os ventos da fragmentación social, chega, grazas á iniciativa do Consello da Cultura e o traballo do comisario Manuel Gago, o que é un monumento de palabras en honor da unidade esencial do país.

Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou a inmortalidade que Galicia lle outorga a Castelao, unha inmortalidade –aseverou- da que gozan poucos homes. “O pai do galeguismo estivo, está e estará sempre en Galiza. Durante os tempos escuros a súa figura convértese nun mito real que dá forza á loita pola recuperación da liberdade e o autogoberno. Xa na alborada da nosa Autonomía será unha das máis importantes inspiracións para os homes e mulleres que tiveron a responsabilidade de emprender un camiño cheo de incertezas. As súas palabras resoarán no Pazo de Xelmírez, sé do Parlamento de Galicia, por boca do primeiro presidente democrático do noso país, Xerardo Fernández Albor”, recordou, ao tempo que engadiu que con esta exposición recupérase do pasado unha alocución poderosa que sintetiza a nosa historia e fainos sentir partícipes dunha andaina colectiva que se perde nas orixes do tempo.

Feijóo concluíu aseverando que nesta altura do século XXI a Santa Compaña descrita por Alfonso Rodríguez Castelao na súa memorable oración a Galicia, veríase aumentada por innumerables homes e mulleres que situaron o noso país nun lugar senlleiro de España, Europa e o mundo. “Esa peregrinación nosa pola historia nunca se detivo. Sempre hai un relevo”, afirmou.

Compártao :

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia