Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozos do exterior cursen en Galicia un máster ou estudos de FP Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozos do exterior cursen en Galicia un máster ou estudos de FP
Vídeo do acto

Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozos do exterior cursen en Galicia un máster ou estudos de FP

Salienta que entre as bolsas de excelencia para mocidade exterior e bolsas retorno formación profesional haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso

Incide en que estes programas supoñen unha oportunidade para que os beneficiarios valoren a posibilidade de fixar na Comunidade a súa residencia

Subliña que as convocatorias anteriores de ambos os programas beneficiaron xa a 130 mozos, procedentes de 19 países de Europa e América, sendo Venezuela e o Reino Unido os países que máis estudantes achegan
 

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozos do exterior cursen en Galicia un máster ou estudos de formación profesional de Grao Superior. Deste xeito, entre as bolsas de excelencia para mocidade exterior e bolsas retorno formación profesional haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso.

Durante o encontro cos beneficiarios destes programas, Feijóo incidiu no obxectivo de converter estas bolsas nunha oportunidade, facendo fincapé en que estes programas supoñen unha oportunidade para que os beneficiarios valoren a posibilidade de fixar na Comunidade a súa residencia.

“Propóñovos ser un novo nexo entre a Galicia territorial e a Galicia da diáspora”, aseverou, lembrando que as convocatorias anteriores de ambos os programas beneficiaron xa a 130 mozos, procedentes de 19 países de Europa e América, sendo Venezuela e o Reino Unido os países que máis estudantes achegan.

Así mesmo, subliñou que o 20% dos alumnos das bolsas de excelencia para cursar máster son da Galicia territorial, é dicir, naceron ou viviron na Comunidade e conseguiron a residencia, e teñen unha idade media de 29 anos.

Compártao :

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia