Actualidade

BUSCAR...

Limpar
05/12/18 | 15:20
Galicia completa a súa Oferta de Emprego Público para este ano con 1.461 prazas que responderán ás necesidades asistenciais e organizativas do Servizo Galego de Saúde

Feijóo di que se esgotará a taxa de reposición do 100%

Sinala que o obxectivo é alcanzar no 2020 o compromiso acadado coas organizacións sindicais de situar a taxa de temporalidade no 5%, tres puntos por debaixo da media estatal

Destaca que se reforzará a atención primaria con 116 facultativos e se avanzará na implantación das especialidades de enfermería
 

04/12/18 | 16:58
Feijóo enxalza o papel da Constitución e do Estatuto de Autonomía para progresar xuntos e transformar por completo a fotografía de Galicia e de España

Asevera que a Comunidade non só se conforma con innovar nos sectores tradicionais, senón que tamén aposta por facelo en sectores emerxentes como o da biotecnoloxía ou o sector aeronáutico, a través do polo aeroespacial de Rozas

Salienta que Galicia conta hoxe con seis centros tecnolóxicos e tres centros de apoio á innovación que facilitan a transmisión dos coñecementos ao tecido industrial; e fomentan a internacionalización das empresas

Para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas nos centros de ensino destacou a Estratexia galega para a educación dixital 2020, dotada con máis de 50 millóns de euros para o período 2018-2020
 

04/12/18 | 16:29
Feijóo informa a Ferreiro de que a Xunta ten investidos 300 millóns na cidade desde 2009, aos que se sumarán, como mínimo, 260 millóns máis que xa están en marcha ou previstos

De acordo cos profesionais, institucións e sociedade, A Coruña terá un novo hospital, “un complexo hospitalario público na cidade con dúas opcións: ampliar ata 50.000 m2 a superficie actual ou propoñer un novo emprazamento”

Solicita ao Concello unha localización axeitada para poder facer un novo centro de saúde na zona de Federico Tapia

Avanza a construción do novo colexio en Novo Mesoiro, coa previsión de que estea en funcionamento para o curso escolar 2020/21

Salienta que a nova residencia de maiores, conta xa cos terreos e será licitada nos primeiros meses de 2019

Recorda que xa se están a construír as vivendas de promoción pública no Parque Ofimático

“E xa temos en tramitación a futura Lei de rehabilitación, que permitirá declarar unha área Rexurbe nesta cidade”, di, precisando a intención de comezar polo barrio do Orzán

Afirma que as obras de conexión da Vía Ártabra coa N-VI se licitarán este mesmo mes no treito que depende da Administración autonómica

Subliña tamén o Plan de sendas na comarca, con actuacións en case 6 quilómetros e os avances na mellora dos accesos ao Polígono de Sabón

Lamenta os atrasos en relación coa intermodal e incide no interese da Xunta en tramitala o antes posible

Logo de investir a Xunta máis de 100 millóns de euros na ría do Burgo, lembra que é o Goberno central debe acometer a dragaxe da ría

En relación cos terreos da Solana, insiste na proposta de construír o ferrocarril financiado polo ministerio de Fomento e de achegar 20 millóns da Xunta para recuperar os peiraos interiores

30/11/18 | 15:44
Feijóo apunta como reto do Igape para a vindeira década promover a plena converxencia do ámbito universitario e científico co tecido empresarial

Precisa que para dar un novo impulso á Industria 4.0 se destinarán en 2019, 40 millóns para que as empresas poidan investir en dixitalización e para convocar o Programa fábrica intelixente

Co obxectivo de seguir apoiando as empresas emerxentes, avanza a posta en marcha dos laboratorios industriais e comerciais (FAB LABS) que as axuden nos primeiros pasos da súa actividade

No eido do financiamento, destinaranse un 17% máis de fondos, ata acadar os 60 millóns, para financiar investimentos empresariais e axudar a que o tecido empresarial galego gañe tamaño

Resalta que ao longo destes 25 anos o Igape axudou a máis de 81.000 empresas, que mobilizaron en total preto de 14.000 millóns de euros

Destaca e agradece o traballo dos profesionais deste instituto, dos membros do seu Consello de Administración, de Xesgalicia e dos antigos directores; cunha mención especial para José Antonio Orza

29/11/18 | 22:00
Xunta e Agafac elaboran un estudo sobre a alimentación animal que permitirá definir liñas de mellora e seguir acadando producións saudables

Subliña que Galicia é a maior produtora nacional de pensos para bovino, con máis de 1,3 millóns de toneladas; “e na produción galega atopamos o 18% da produción de penso ecolóxico”, di

Reedita o compromiso do Goberno galego cun rural forte, reflectido en iniciativas como: impostos cero no rural ou o fomento da remuda xeracional

Destaca a traxectoria de Agafac e o traballo desenvolvido nestes 40 anos a prol da unidade do sector, para avaliar os problemas comúns da industria e para crear servizos técnicos e económicos para a asociación

29/11/18 | 20:36
Feijóo anuncia que o próximo curso haberá case un 50% máis de prazas para que mozos do exterior cursen en Galicia un máster ou estudos de FP

Salienta que entre as bolsas de excelencia para mocidade exterior e bolsas retorno formación profesional haberá 250 prazas dispoñibles o próximo curso

Incide en que estes programas supoñen unha oportunidade para que os beneficiarios valoren a posibilidade de fixar na Comunidade a súa residencia

Subliña que as convocatorias anteriores de ambos os programas beneficiaron xa a 130 mozos, procedentes de 19 países de Europa e América, sendo Venezuela e o Reino Unido os países que máis estudantes achegan
 

29/11/18 | 15:14
A Xunta concede apoios por máis de 700.000 euros para atraer investigadores e profesionais de alta cualificación na primeira convocatoria do programa Talento Sénior

As entidades beneficiarias contarán cun incentivo da Xunta de 64.000 euros por persoa contratada

O presidente da Xunta lembrou que o programa Talento Sénior está incluído no programa Talento 2021, impulsado pola Xunta, para reter e atraer 1.500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i

29/11/18 | 15:10
A Xunta apoia a participación da USC e da UVigo nos consorcios europeos de investigación para impulsar proxectos de bioloxía mariña e descubrimento de fármacos

Feijóo subliña que estas dúas iniciativas, cun investimento de 560.000 euros, suporán unha mellora para a comunidade científica galega

Di que estes consorcios teñen o triplo obxectivo de axudar a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados
 

29/11/18 | 15:00
Galicia contará cun modelo de transporte pensado para o século XXI, con máis de 1.500 liñas renovadas, tarifas únicas e billetes gratuítos para os menores de 19 anos e con mellores prestacións

Feijóo sinala que este plan fixa tres liñas estratéxicas de actuación: fomentar a mobilidade en todos os núcleos de poboación de Galicia, potenciar o uso do transporte público e facilitar a intermobilidade para reforzar o transporte público fronte ao vehículo particular

Explica que logo dun primeiro proceso de información pública sobre as bases que guían este plan, a comezos do vindeiro ano someterase a información pública coa previsión de que os servizos comecen a funcionar a finais de 2019

Di que os criterios de adxudicación dos novos contratos primarán a calidade sobre a oferta económica, e especificamente incluirán a renovación da frota
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia