Actualidade

BUSCAR...

Limpar
22/11/18 | 15:20
O polo aeroespacial de Rozas segue medrando e consolidándose con tres novos proxectos que suporán un investimento público-privado de 14 M€

Feijóo avanza que a empresa de referencia internacional BOEING desenvolverá unha solución para regular o tráfico aéreo e xestionar escenarios singulares onde concorran aeronaves tripuladas e non tripuladas

O segundo proxecto busca reforzar a seguridade marítima da frota pesqueira galega e o seguimento e control da súa actividade

O terceiro pretende dotar aos organismos da Administración galega responsables do control das distintas masas de auga dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos

O investimento previsto no polo aeroespacial de Galicia acada os 157 millóns, dos que máis de 50 xa se están executando
 

22/11/18 | 14:48
Feijóo destaca que a Oferta de Emprego Público para 2018 ascenderá a 5.686 prazas, a maior desde 2008

Di que 2.175 prazas se corresponden co ámbito da Administración xeral, 1.461 prazas co eido da sanidade pública e as 2.050 prazas restantes co ámbito educativo

Salienta que esta oferta triplica a do ano pasado e conta cunha reserva para persoas con discapacidade por riba do 9%

Explica que esta oferta será presentada ás organización sindicais, co obxectivo de aprobar os correspondentes decretos de ofertas de emprego público antes de que remate o ano
 

21/11/18 | 12:15
Feijóo avanza unha Oferta Pública de Emprego de 1.461 prazas na sanidade pública para 2018

Esta oferta permitirá dar resposta ás necesidades asistenciais e organizativas prioritarias para o Servizo Galego de Saúde, así como unha maior estabilización dos seus cadros de persoal

Recorda que o Servizo Galego de Saúde conta con 1.544 profesionais máis, ao terse incrementado, por exemplo, o número de médicos de familia en 167 máis (un 7%), e o persoal de enfermaría en 583 máis, un 6%

Subliña que o compromiso coa sanidade pública se reflicte tamén nun incremento dos orzamentos para 2019 que rozan os 4.000 millóns de euros, é dicir, o 41% do orzamento total da Xunta de Galicia

20/11/18 | 15:06
Feijóo remarca o traballo da Xunta por situar os centros tecnolóxicos galegos como ponte entre a investigación, a Universidade e a industria

Salienta que, desde 2013, se destinaron 12 millóns de euros para impulsar a actividade dos 9 centros tecnolóxicos da Comunidade

Resalta que hoxe, logo de cinco edicións convocadas, son 39 as unidades mixtas que se constituíron na industria galega, apoiadas por 28 multinacionais líderes e cunha mobilización de capital de 114 millóns de euros

Asegura que na segunda década deste século o CESGA desempeñará un papel indispensable, xa que a supercomputación, a informática de altas prestacións, é a gran ferramenta desta era dixital

Resalta que nestes 25 anos o Centro de Supercomputación de Galicia leva participado en máis de 200 proxectos de I+D+i que mobilizaron máis de 550 millóns

Avanza que en 2019 se iniciarán os traballos para a licitación dun novo ordenador, co obxectivo de que o CESGA siga estando na elite dos centros de supercomputación

Destaca o compromiso dos 30 profesionais que hoxe forman parte deste centro

16/11/18 | 14:49
Feijóo refírese ao Campus Innova e ao CITEEC como a proba de que a Galicia do século XXI se anticipa e faino grazas a unhas universidades innovadoras a través dos campus especializados

Asevera que o Campus Innova aspirará a poñer o seu selo de innovación nas tecnoloxías da información e a comunicación, na edificación e a enxeñaría civil, e nas TIC aplicadas ás humanidades e contidos dixitais

Precisa que os traballos desenvolvidos no campus e no centro de innovación repercutirán en capítulos tan diversos como a sanidade, as smart cities, a agricultura, as infraestruturas, a cultura, a educación ou o turismo

Remarca que os campus galegos se conciben como un modelo de colaboración que implica á Universidade, ás institucións públicas e privadas, ás empresas, aos produtores e ás asociacións profesionais

Incide tamén no novo xeito de responder aos desafíos da Universidade do século XXI: internacionalización, competitividade, fomento da I+D+i, diversificación das fontes de financiamento e mellora da empregabilidade

Asegura que o Campus Innova é o punto de chegada dun proceso que no seu inicio ten unha idea motriz e matriz: a unidade de esforzos

15/11/18 | 15:47
Galicia conta coa primeira circular de boas prácticas para axilizar a apertura de estacións de servizo e incrementar a competencia para reducir o prezo dos carburantes

Feijóo lembra que a guía remitirase a todos os concellos galegos para que poñan en marcha estas recomendacións

Destaca que o actual rexistro de estacións de servizo de carácter autorizativo pasará a ser declarativo, o que permitirá axilizar o proceso

15/11/18 | 15:47
Feijóo avanza a posta en marcha do Plan de renovación do mobiliario da Administración de xustiza de Galicia, que contará cunha achega de preto de 5 millóns de euros

Trátase dunha iniciativa ambiciosa que, entre 2019 e 2021, contará cun orzamento de 4,7 millóns de euros para mellorar e modernizar o mobiliario de despachos, oficinas e arquivos xudiciais

Tamén atenderá as melloras requiridas pola normativa en materia de protección de datos de carácter persoal: a custodia e arquivo da documentación xudicial

Esta plan forma parte do Plan de infraestruturas xudiciais, cun investimento total que supera os 94,5 millóns de euros desde que se aprobou ata a actualidade

15/11/18 | 15:45
Galicia acada as 39 unidades mixtas de investigación para impulsar a I+D+i en sectores estratéxicos

Feijóo di que a quinta edición do Programa de unidades mixtas de investigación mobilizará máis de 20 millóns de euros para apoiar nove unidades mixtas

Lembra que desde a posta en marcha deste programa, 28 multinacionais elixiron Galicia para desenvolver os seus proxectos de innovación
 

14/11/18 | 13:36
Feijóo destaca que a fase da obra de ampliación do Hospital público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie, un 33% máis

Precisa que o investimento desta primeira fase chegará aos 10,5 millóns de euros, ademais dos dous millóns de euros destinados a equipamento

“Durante a primeira quincena de decembro realizarase o traslado e as obras da seguinte fase iniciaranse antes de que remate o ano”, avanza, co obxectivo de que estea rematada e entregada no verán de 2019

Incide que con esta primeira obra o hospital consegue mellores espazos asistenciais destinados á hospitalización das áreas cirúrxicas

13/11/18 | 14:16
Feijóo afirma que Galicia seguirá sendo unha terra que ofrece estabilidade, certezas e garantías e na que os emprendedores poidan investir e crecer

Salienta que os orzamentos para 2019 destinarán un 17% máis de fondos -ata 50 millóns de euros- para financiamento empresarial e 40 millóns para proseguir coa dixitalización e implantación da Industria 4.0

“O noso obxectivo é facilitar e axudar ás empresas galegas a innovar para ser máis competitivas no mercado internacional”, afirma
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia