Actualidade

BUSCAR...

Limpar
15/03/19 | 12:56
Feijóo enxalza a capacidade do tecido industrial galego para innovar, crear produtos de valor de engadido e expandirse a novos mercados

Refírese como exemplo á Pontevedresa Group un dos poucos fabricantes europeos de vidro lixeiro temperado e que conta con divisións centradas en sectores como o naval, a automoción e o contract

14/03/19 | 15:45
A Xunta apoia con 9,4 M€ a formación e contratación de 1.100 persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultade para obter un posto de traballo

O Galicia Emprega conta cos programas: Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude

Feijóo lembrou que “o pasado ano se cumpriron o 100% das expectativas e se contrataron 1.114 persoas”

14/03/19 | 15:34
A Xunta establecerá a partir do vindeiro curso o cumprimento do calendario de vacinación como requisito para a matriculación nunha escola infantil pública ou praza concertada

Feijóo apunta que os pais contarán con 8 días a partir da publicación da adxudicación da praza pública no Diario Oficial de Galicia para presentar un impreso de matrícula e unha copia da cartilla de vacinación da nena ou neno

Di que o feito de que un cativo cumpra co calendario de vacinación non só protexe a súa saúde, senón que tamén protexe a das nenas e nenos que o rodean no seu día a día
 

14/03/19 | 15:32
O Servizo Galego de Saúde ofertará 1.314 prazas de emprego público para este 2019, cunha taxa de reposición do 108%

Salienta que, a oferta recollerá 332 prazas para persoal licenciado sanitario, 567 prazas para diplomados sanitarios e formación profesional e 415 prazas de persoal de xestión e servizos

11/03/19 | 20:34
Feijóo lamenta que a conexión Vigo-Porto non se inclúa no Corredor Atlántico e anima a afondar na cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para captar fondos europeos

Destaca tamén outros puntos nos que profundar de cara a unha maior cohesión, referíndose, por exemplo, a unha regulación do marco enerxético adecuada, tanto para a electricidade como para o gas; e ao reto demográfico


Recorda os avances acadados noutros eidos como a innovación, o medio ambiente ou o apoio ao tecido produtivo e avoga por seguir colaborando en diversas vías como a automoción e o Xacobeo 2021

Nun tempo no que a UE está a ser cuestionada a firma que a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal é a maior garantía de que Europa funciona e de que nos vai mellor cando defendemos os seus valores

“Non é certo que o proxecto europeo perdera a súa vixencia. Necesitamos máis ca nunca a cooperación, a liberdade e a unión que nos brinda”, incide
 

11/03/19 | 19:22
A Xunta estuda fórmulas para optimizar a xestión do Porto de Vigo co obxectivo de garantir a súa competitividade futura

O Executivo galego analiza mecanismos para facer fronte á puxanza de competidores estranxeiros como os peiraos portugueses e mellorar a coordinación entre os organismos con competencias no ámbito portuario

Feijóo remarcou no encontro a determinación da Xunta de defender a execución da saída sur de Vigo do Corredor Atlántico para facer da cidade unha auténtica estación pasante e capital da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
 

07/03/19 | 19:35
A Xunta conmemora o Día Internacional da Muller co espírito de celebrar os pasos dados en materia de igualdade e de reivindicar o que queda por conseguir

Asevera que Galicia debe figurar como un dos epicentros dunha loita pola liberdade e a igualdade que nunca esqueceu a fraternidade. “Nesa loita permanente hai sitio para todas e para todos”, di

Salienta que o Consello da Xunta vén de aprobar a creación das medallas Emilia Pardo Bazán, co fin de destacar o traballo de persoas, colectivos, entidades ou institucións a prol da igualdade entre homes e mulleres

Resalta que as oito mulleres que hoxe distingue Galicia neste acto na Cidade da Cultura forman parte dunha normalidade derivada do triunfo dos valores da igualdade

07/03/19 | 15:00
Feijóo destaca a creación das medallas Emilia Pardo Bazán que recoñecerán ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade

Subliña que Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia