Actualidade

BUSCAR...

Limpar
28/12/18 | 13:34
A Xunta porá en marcha en 2019 o Plan Ribeira Sacra para coordinar e xestionar de xeito global os investimentos das distintas administracións nesta área

Salienta que coa declaración como Ben de Interese Cultural, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial sobe un novo chanzo, de forma que podería ser a primeira rexión vinícola española que logra este recoñecemento

Recoñece o labor da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para lograr xestionar esta declaración como BIC no prazo máis curto posible e recorda que o procedemento contou cunha ampla participación social e institucional

Precisa que son máis de 1.200 os bens singulares, clasificados en: 70 BICs nos 22 concellos; 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural; e 634 bens inmobles catalogados en todo o territorio da Ribeira Sacra de carácter sacro

Asevera que a declaración de Ben de Interese Cultural supón “o broche perfecto” para pechar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, declarado polo Parlamento Europeo

27/12/18 | 16:25
A Xunta dá un novo paso de cara á declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade cun Plan reitor que garantirá unha maior protección e conservación

Feijóo asevera que contará cun Plan de emerxencia e autoprotección

Destaca que a totalidade de illas que conforman o Parque Nacional –Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada— terán un límite de acceso tanto na tempada alta como na baixa

27/12/18 | 16:06
A Xunta habilita o crédito para licitar as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de 16 millóns de euros

A licitación conta cun prazo de execución total de 18 meses e incluirá a nova terminal de autobuses e a parte de accesos e túneles correspodente

Estas obras forman parte do complexo intermodal de Urzaiz, que se completa coa estación de ferrocarril e o centro comercial Vialia

“Estamos traballando nunha interesante infraestrutura que vai mudar, sen ningunha dúbida, a relación dos galegos cos medios públicos de transporte”, dixo

27/12/18 | 15:46
A Xunta declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, paso previo para que poida optar a Patrimonio Mundial da Unesco

Feijóo asevera que queda así acreditado o seu carácter sobranceiro e garantido o máximo nivel de protección para este ben

Precisa que a Xunta logrou reducir de dous a un ano o prazo de tramitación

21/12/18 | 15:17
Feijóo enxalza a dobre conquista que representa a Constitución, para os galegos que, como individuos, se converten en cidadáns e Galicia ten un camiño aberto cara ao seu autogoberno

“A autonomía que hoxe Galicia exerce e desfruta, non se conquista contra España, senón con España e en España”, di, facendo fincapé en que a España constitucional se fai garante da Galicia autonómica

Expresa tamén a admiración pola transición galega, onde “os seus arquitectos” teñen que traballar na obra xeral da democracia española, erguendo simultaneamente un autogoberno do que non existía precedente algún

Subliña que os cofundadores do autogoberno - Xosé Luís Barreiro, José Rivas Fontán, Francisco Vázquez, Luís Sobrado e Carlos Barros, entre outros-, souberon estar á altura da historia e da sociedade galega daquel momento

Incide en que a España das autonomías e o autogoberno galego son dous grandes éxitos colectivos lexitimados, sobre todo, pola capacidade para xestionar a diversidade, os equilibrios territoriais e unha xustiza na asignación de recursos

Di que os problemas de convivencia e a perda de calidade democrática fan erupción cando os valores constitucionais e autonómicos se esquecen; e sostén que a resposta é reafirmalos e rescatar o estilo político como o que fixo posible o Pacto do Hostal

20/12/18 | 18:44
O conselleiro de Facenda confirma que Galicia foi unha das comunidades que mantivo máis estable o gasto sanitario nos peores anos da crise, pese á forte caída de recursos

Valeriano Martínez lembra que a Xunta optou por blindar a prestación dos servizos públicos fronte a unha caída nos ingresos duns 2.000 millóns de euros

Destacou que os recursos para a sanidade galega están batendo récords

Incidiu en que xa está acordada cos sindicatos a reanudación da carreira profesional no SERGAS e a redución da taxa de temporalidade ata o 5%
 

20/12/18 | 16:05
A Xunta aproba o complemento extraordinario de 206 euros para os 39.000 perceptores das pensións máis baixas

Feijóo asevera que a axuda se ingresará de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional

Destaca que son poucas as Comunidade Autónomas que aínda manteñen este complemento

20/12/18 | 14:35
Feijóo avanza a aprobación dun investimento de máis de 57 millóns de euros para o inicio da primeira fase de ampliación do Hospital Público de Ferrol

Sinala que as obras previstas na primeira fase desenvolveranse nos edificios do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval, situados en Catabois

Recorda que no Arquitecto Marcide, realizarase a ampliación dos edificios leste e sur, así como a reforma parcial dalgunhas das plantas deste hospital

Destaca que as obras de reforma do Hospital Naval serán as primeiras que se realizarán, xa que do traslado a elas dos servizos actuais depende a execución das áreas de ampliación
 

20/12/18 | 14:28
A Xunta destina 36M€ para renovar a Tarxeta Benvida para as galegas e galegos nados en 2019

Feijóo di que a principal novidade que contempla é a posibilidade de solicitar a prestación xa desde o embarazo

Salienta que virá cargada con 1.200 euros distribuídos en dous pagamentos

Destaca que 9.000 nenos poden recibila ata cumprir os 3 anos e que 40.000 xa a percibiron desde a súa creación en 2016 durante o primeiro ano de vida
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia