Benvida do presidente

Hai xa máis de douscentos anos, os ilustrados enunciaron o principio que mellor define a democracia: o goberno do pobo, para o pobo e polo pobo. Moitas son as cousas que teñen cambiado desde o Século das Luces,  mais o espírito que guiaba os pais do noso sistema político permaneceu inalterable ao paso do tempo.

Hoxe en día, vivimos nun mundo global que nos permite conectarnos instantaneamente con persoas de calquera parte do globo; unha nova sociedade en rede chea de oportunidades, mais tamén de novas responsabilidades.

A nosa obriga como xestores do público é aproveitar este novo espazo de diálogo que representa a Internet para axudar a facer da Administración a casa de todos. En pleno século XXI, tócanos actualizar o principio ilustrado e consolidar a cidadanía como un suxeito activo na nosa democracia, xa non só como fin, senón como verdadeiro medio das políticas públicas.

Non cabe dúbida de que a Galicia de hoxe goza dun autogoberno sen parangón na nosa historia, no que os cidadáns teñen o protagonismo, os executivos son elixidos pola vontade popular e o interese común guía a acción política. Nesa democracia moderna, a transparencia xoga un papel fundamental, ao facer posible que o pobo se sinta partícipe na xestión dos asuntos públicos.

Mais tan importante como facer as cousas ben na casa é darse a coñecer fóra. É por iso que todos os galegos e galegas vimos de culminar un fito que nos sitúa na globalidade: o lanzamento do dominio puntoGAL. Grazas a el, a comunidade política, económica, social e cultural que formamos xa ten a súa tradución no espazo virtual, que nos identifica como pobo e, ao tempo, permítenos compartir co resto da humanidade o noso particular xeito de ver o mundo. 

Nos tempos difíciles que vivimos, iniciativas coma esta demostran que a sociedade galega está moi viva e pula con forza no mundo global, coa recuperación como horizonte. Estou seguro de que este vencello axudará a unir esforzos para conseguir o obxectivo que todos compartimos. 

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia

"A nosa obriga como xestores do público é aproveitar este novo espazo de diálogo que representa a Internet para axudar a facer da Administración a casa de todos"

Ligazóns relacionadas

A Xunta garante un ano máis a formación inicial dos investigadores galegos co financiamento de 100 novos contratos predoutorais ata 2020 A Xunta garante un ano máis a formación inicial dos investigadores galegos co financiamento de 100 novos contratos predoutorais ata 2020

A Xunta garante un ano máis a formación inicial dos investigadores galegos co financiamento de 100 novos contratos predoutorais ata 2020

Galicia volverá ser o próximo curso a comunidade cos prezos de matrícula universitaria máis baixos do Estado Galicia volverá ser o próximo curso a comunidade cos prezos de matrícula universitaria máis baixos do Estado

Galicia volverá ser o próximo curso a comunidade cos prezos de matrícula universitaria máis baixos do Estado

Feijóo destaca un novo impulso á industria galega a través da liña de préstamos BEI para apoiar a ampliación, internacionalización ou modernización das empresas Feijóo destaca un novo impulso á industria galega a través da liña de préstamos BEI para apoiar a ampliación, internacionalización ou modernización das empresas

Feijóo destaca un novo impulso á industria galega a través da liña de préstamos BEI para apoiar a ampliación, internacionalización ou modernización das empresas

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a

Turgalicia