Feijóo destaca a creación das medallas Emilia Pardo Bazán que recoñecerán ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade Feijóo destaca a creación das medallas Emilia Pardo Bazán que recoñecerán ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade
Vídeo da rolda

Feijóo destaca a creación das medallas Emilia Pardo Bazán que recoñecerán ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade

Subliña que Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a creación das medallas Emilia Pardo Bazán, que inician a súa tramitación e distinguirán as persoas e/ou institucións que coa súa traxectoria ou labor contribuísen e destacasen no desenvolvemento de accións relevantes en favor da igualdade entre homes e mulleres na nosa Comunidade.

A este respecto, Feijóo explicou que deste xeito Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor para as xeracións que están por vir e ademais recoñecer a traxectoria de todos e todas os que traballan para erradicar as desigualdades de xénero que aínda persisten.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta sinalou que poderán recibir estas distincións tanto persoas como colectivos, entidades ou institucións públicas como privadas. E, acto seguido, explicou a elección do nome destas medallas: “Emilia Pardo Bazán foi unha precursora nas ideas sobre os dereitos das mulleres e a igualdade, reivindicativa na educación e na instrución das mulleres”, dixo.

En definitiva, abundou, o galardón quere rememorar o exemplo de Emilia Pardo Bazán para, a través do seu nome, seguir recoñecendo aos que coma ela sigan pulando para conseguir a igualdade real e efectiva.
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia