A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan a candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan a candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea
O presidente da Xunta reuniuse este mediodía co reitor da Universidade de Vigo

A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan a candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea

Feijóo e Reigosa coinciden en cualificar esta oportunidade como “única” a nivel nacional e internacional, xa que este centro situaría á Comunidade como referente en experimentación e investigación nestas materias

O laboratorio beneficiaría tamén a diversos sectores industriais como o da automoción, o naval, o farmacéutico, ou o de drons e satélites, que demandarán nun futuro profesionais capacitados en tecnoloxías cuánticas
 

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron este mediodía unha xuntanza onde formalizaron a presentación da candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea.

Esta iniciativa forma parte do proxecto C-COOL da ESA, baseado na creación de distintos laboratorios en países europeos, nos que se experimentarán tecnoloxías cuánticas desenvolvidas pola axencia, ensaiando a súa validez para ser enviadas ao espazo, arredor de seis eidos: reloxos atómicos –de estroncio e iterbio-, interferometría, computación e comunicación cuántica, así como distribución de referencias de tempo e frecuencia.

Feijóo e Reigosa coincidiron en cualificar esta oportunidade como “única” a nivel nacional e internacional. Non en van, este laboratorio situaría á Comunidade como referente en experimentación e investigación en tecnoloxías cuánticas e podería converterse no xerme dun futuro centro de investigación experimental e teórica sobre competencias nestas materias.

Así mesmo, e baixo unha instalación compartida desde o ámbito público e privado, o laboratorio beneficiaría tamén a diversos sectores industriais como o da automoción, o naval, o aeronáutico ou o farmacéutico, que demandarán nun futuro profesionais capacitados nestas tecnoloxías.

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia