Feijóo avoga por trasladar fóra dos seus muros o espírito consensual que caracteriza ao Consello Económico e Social de Galicia e contaxiar ao conxunto da política Feijóo avoga por trasladar fóra dos seus muros o espírito consensual que caracteriza ao Consello Económico e Social de Galicia e contaxiar ao conxunto da política
Declaracións do presidente da Xunta

Feijóo avoga por trasladar fóra dos seus muros o espírito consensual que caracteriza ao Consello Económico e Social de Galicia e contaxiar ao conxunto da política

Incide na importancia de, desde calquera institución, preguntarse constantemente pola utilidade das decisións para o benestar das persoas

Expresa o convencemento de que, fiel á súa formación profesional e á súa traxectoria, o novo presidente do CES será un “tecedor” de acordos

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por trasladar fóra dos seus muros o espírito consensual que caracteriza ao Consello Económico e Social de Galicia e contaxiar ao conxunto da política.

Durante o acto de toma de posesión do novo presidente, Feijóo destacou deste xeito a importancia de, desde calquera institución, preguntarse constantemente pola utilidade das decisións para o benestar das persoas. “Agustín Hernández sempre o fixo”, dixo, en alusión ao novo presidente do CES, expresando o convencemento de que, fiel á súa formación profesional, “espero que constrúa camiños, canles e portos”; e fiel á súa traxectoria, “estou convencido de que será un presidente tecedor de acordos”.

O responsable do Goberno galego lembrou que a democracia parlamentaria se enriquece con outra institucional que ten a súa sede neste organismo “útil e importante”, cuxa batuta asume hoxe Agustín Hernández, e incidiu na súa responsabilidade de mantelo como un gran punto de encontro do tecido institucional galego.

“Galicia ten aquí un faro que proporciona reflexións, estudios e propostas que se fan con calma e, a maioría das veces, con consenso”, concluíu.

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia