Vídeo do acto

Feijóo destaca o compromiso do turismo coa Galicia segura e anima ao sector a seguir apostando por unha oferta desestacionalizada baseada na calidade

Tomiño (Pontevedra), 9 de outubro de 2019.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso do turismo con Galicia como destino seguro e animou ao sector a seguir apostando por unha oferta desestacionalizada baseada na calidade.

“Galicia é turismo, pero tamén é seguridade”, aseverou, poñendo en valor os datos referidos á comunidade. “En Galicia o turismo resistiu mellor que no resto de España, tanto no que a viaxeiros se refire como a pernoitas. Así, en viaxeiros a comunidade foi capaz de manter o 55% en relación ao pasado ano -14 puntos máis que España-, e o número de persoas que pernoitaron mantívose no 45%, mentres que España perdeu o 68%”, afirmou.

Durante a inauguración do aloxamento rural Alto da Pousa, en Tomiño, o presidente da Xunta referiuse a esta iniciativa como un exemplo da aposta polo rural, aproveitando as oportunidades que ofrece a gastronomía e o enoturismo.
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia