Intervención do presidente da Xunta en Ordes

Feijóo enxalza a traxectoria de Ramón Carro e a súa achega ao desenvolvemento do Concello de Ordes e de Galicia

Ordes (A Coruña), 30 de decembro de 2020.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a traxectoria de Ramón Carro e a súa achega ao desenvolvemento do Concello de Ordes e de Galicia.

Durante o acto de inauguración da rúa que recibe o nome deste empresario, falecido no 2012 e fillo predilecto de Ordes, Feijóo salientou a importancia de manter vivo o legado e o recordo daquelas persoas cuxas vidas supuxeron a mellora de moitas outras.

Así, ademais de destacar o traballo do fundador dunha das maiores construtoras de Galicia: CRC Obras y Servicios, reflectido na súa aposta pola internacionalización e a innovación, o presidente da Xunta lembrou o seu compromiso coa Comunidade, xa que nunca deixou de asentar no municipio a súa base de operacións.

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia