Feijóo agradece a Javier Losada o seu traballo como delegado do Goberno en Galicia e felicita a José Miñones, sucesor no cargo

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse hoxe co ata agora delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para agradecerlle nesta afectuosa despedida institucional o seu traballo e colaboración dos últimos anos.

O presidente da Xunta mantivo tamén unha conversación telefónica co recentemente nomeado sucesor no cargo, José Miñones, a quen ademais de felicitar aproveitou para desexarlle acertos nesta nova etapa.
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia