Vídeo da rolda de prensa

Feijóo avanza a aprobación nas vindeiras semanas do Plan de recuperación da actividade asistencial

Sinala que contará cunha dotación de 15 M€ e permitirá levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello, a posta en marcha nas vindeiras semanas do Plan de recuperación da actividade asistencial.

Un plan, dixo, que permitirá reforzar o sistema sanitario galego para que, ademais de continuar coa actividade prevista, se recuperen os prazos de realización de probas previos á pandemia.

Sobre este punto, Feijóo destacou que contará cunha dotación de 15 M€ para levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios: máis de 115.000 probas diagnósticas, máis de 92.000 consultas e máis de 19.000 procedementos cirúrxicos.

Finalmente, durante a súa intervención tamén explicou que para esta programación da actividade pendente se empregará o concepto de Hospital único, co obxectivo de optimizar todos os recursos dos que se dispón.
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia