Feijóo felicita aos deportistas galegos paralímpicos polos éxitos acadados, exemplos de traballo, esforzo e superación

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe aos dezaseis deportistas galegos paralímpicos polos éxitos acadados, exemplos de traballo, esforzo e superación, tras a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Tokio.

Durante a recepción, Feijóo garantiu o compromiso da Xunta non só coa visibilización da discapacidade, senón de cara á acadar unha verdadeira inclusión. Con este obxectivo recordou que a Administración autonómica ten duplicado o orzamento destinado á discapacidade ata chegar aos 126 millóns de euros neste ano; “contamos cun dos sistemas educativos máis igualitarios de España, sendo unha das comunidades con máis alumnos con necesidades especiais integrados en aulas ordinarias, e lanzaremos tamén varias actuacións de transición ao emprego”, dixo, referíndose á posta en marcha da nova Oficina de Atención ao Deportista, que estará en pleno funcionamento para a tempada que vén.
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia