Feijóo refírese aos galardoados cos Premios Gallegos del Año como a proba de que Galicia conta cunha galeguidade inmensa e diversa para reducir as incertezas do futuro

“Os Galegos do Ano son un mapa humano de Galicia; da súa man percorremos a Galicia do talento, da entrega, do compromiso e levantamos acta do mellor de nós”, di

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos galardoados cos Premios Gallegos del Año 2021 como a proba de que Galicia conta cunha galeguidade “inmensa e diversa” para reducir as incertezas do futuro.

“Están aquí presentes individualidades sobresaíntes en diferentes campos e sectores, que á súa vez forman parte dun gran país chamado Galicia. Todas elas debuxan o gran mapa da galeguidade do século XXI”, dixo, incidindo en que coa enerxía de cada un e coa suma de todos os talentos de biografías como as que hoxe se citan, convocadas polo Grupo El Correo Gallego, esas incógnitas coas que temos que convivir están contrarrestadas.

Para concluír, o presidente da Xunta tivo palabras para cada un dos premiados, ademais de distinguilos como “galegas e galegos extraordinarios que esta noite levan consigo o recoñecemento do seu país”.

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia