O titular do Goberno galego visitou os apartamentos tutelados e participou na entrega da I edición da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao SAF

A Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou internistas para facer de enlace coas residencias de maiores

Crearanse dúas figuras novas: a dun profesional de referencia para cada residente e familia e a dun xestor de casos sociosanitarios que coordine a atención social e sanitaria

Feijóo avanzou a creación das primeiras unidades de coidados intermedios, para as persoas que necesitan unha atención específica durante un tempo, tras recibir a alta hospitalaria, pero que non deben ingresar nunha residencia

Destaca a importancia de levar os servizos onde vive a xente e que, para iso, o financiamento autonómico debe ter en conta o envellecemento e a dispersión

Anuncia a construción dunha residencia completa en Antas do Ulla, un novo centro de saúde que triplicará o tamaño e agradece aos profesionais do Servizo de Axuda no Fogar que fagan realidade o modelo de envellecemento que queren os galegos
 
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega da I edición da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao Servizo de Axuda no Fogar
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega da I edición da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao Servizo de Axuda no Fogar
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, participa na entrega da I edición da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao Servizo de Axuda no Fogar.

Antas do Ulla (Lugo), 22 de decembro de 2021.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou internistas para facer de enlace coas residencias.

Logo de sinalar que esta nova medida enmárcase na importante reforma na relación entre o sistema sanitario e o social de Galicia, Feijóo anunciou a creación de dúas figuras, un profesional de referencia para cada residente e familia e o xestor de casos sociosanitarios, que será habitualmente un profesional da enfermaría e que enlazará a atención social e a sanitaria que recibe cada usuario.

Así mesmo, explicou que se está a traballar en cinco avances importantes neste mesmo eido. Por unha banda, a posta en marcha das primeiras unidades de coidados intermedios, para as persoas que necesitan unha atención específica durante un tempo, tras recibir a alta hospitalaria, pero que non deben ingresar nunha residencia. Por outra, o establecemento de vías prioritarias para o acceso ás Urxencias e ao hospital de día para os usuarios, e o establecemento dun “código residencia” para o 061, que identificará as chamadas que proveñen destes centros.

Do mesmo xeito, implantarase a historia clínica electrónica para que o persoal sanitario dos centros de maiores e o da atención primaria e hospitalaria teñan a mesma información. Ademais, estenderase a compra farmacéutica centralizada para que todas as residencia de máis de 90 prazas poidan acceder á medicación sen que o medico de atención primaria deba facerlles a receita. E, por último, será obrigatorio que todas as residencias conten cun plan de continxencia validado pola Xunta.

“Do que se trata é de aprender das leccións que nos trouxo a pandemia e que quede para sempre unha relación directa e fluída entre as residencias de maiores, os centros de atención primaria e os hospitais”, aseverou.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta tamén puxo de manifesto como a esperanza de vida media dos galegos, máis de 83 anos -case 85 no caso das mulleres-, “loa o noso estilo de vida, pero tamén é unha loa ao sistema de atención aos maiores e ao propio sistema de saúde”. Así, e en presencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a importancia de levar os servizos alá onde vive a xente, salientando que o feito de reunir na nosa Comunidade a metade dos núcleos de poboación de toda España supón que calquera proposta de financiamento autonómico deba ter en conta o envellecemento e a dispersión.

Residencia de maiores completa e novo centro de saúde

Todo isto o presidente explicouno durante a súa visita aos apartamentos tutelados de Antas do Ulla, unha infraestrutura sociosanitaria que vai dar paso a unha residencia completa, pasando de 16 a 58 prazas: “Unha das grandes residencias da provincia de Lugo, con máis persoal e máis emprego”, destacou. Trátase dun investimento do Goberno galego de máis de tres millóns de euros para unhas obras que durarán 18 meses e que comezarán en 2022.

Na mesma liña, Feijóo avanzou outro compromiso adicional da Xunta con Antas do Ulla, en coherencia co que se vén de concretar. Referiuse ao reforzo, reforma e ampliación do centro de saúde do municipio, que triplicará o tamaño do que hai hoxe -de 320 metros cadrados a 850- e para o que xa hai, para a súa licitación, unha reserva de 400.000 euros nos orzamentos de 2022.

Agradecemento aos profesionais do SAF

O titular do Executivo autonómico aproveitou a súa visita ao municipio lugués para participar na entrega da I edición da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A todos os profesionais, agradeceulles que fagan realidade o modelo de envellecemento que queren os galegos: “O SAF en toda Galicia é unha inspiración para todos”.

Así, Feijóo concluíu lembrando que desde 2009 Galicia multiplicou por 16 o número de persoas que se benefician del -de 1500 ás máis de 24.000- e destacando que nesta lexislatura fíxose unha inxección adicional de 70 millóns de euros.

Compártao :

Compartir