Actualidade

BUSCAR...

Limpar
24/04/20 | 17:29
A Xunta distribuirá de xeito gratuíto 2,2 millóns de mascarillas nas farmacias para os galegos con menos recursos

Feijóo destaca que máis de 700.000 galegos se beneficiarán desta medida

Informa de novas compras de equipamento e material sanitario para profesionais e doentes
 

23/04/20 | 13:32
A Xunta realiza unha consulta ao tecido empresarial galego para fabricar novos produtos que axuden a previr e combater o COVID-19

O presidente do Goberno galego visitou hoxe en Silleda a empresa Arlit, que reorientou a súa actividade e vén de entregar ao Sergas máis de 30.000 pantallas protectoras faciais

Esta consulta ás pemes galegas que se activa hoxe permitirá finalizar o deseño dunha nova liña de axudas destinada a apoiar a produción de medicamentos, tratamentos, equipos hospitalarios e médicos e outros bens

Esta iniciativa súmase á convocatoria xa aberta por 2,5 millóns de euros para impulsar a reorganización produtiva das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria

21/04/20 | 16:50
A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central

Feijóo di que o número de contaxios, pacientes en UCI e hospitalizados constata que estamos nunha fase descendente e advirte que neste novo escenario a prevención é fundamental: “A volta á nova normalidade si, pero a relaxación social non”

Salienta o papel do comité clínico, que se reforza con representantes doutras áreas fundamentais para a desescalada, como pediatría, atención primaria, xeriatría e epidemioloxía

Marca tres liñas de traballo para afrontar a desescalada: elaboración dun plan de resposta a posibles rebrotes, recuperación da actividade asistencial ordinaria e xestión da volta á normalidade social e económica

19/04/20 | 18:22
Feijóo pide ao Goberno central un proceso de desescalada seguro, gradual e coñecido no tempo que protexa ás familias e aos traballadores e dea un horizonte aos sectores económicos

Subliña a decisión da Xunta de anticiparse e apostar por unhas instrucións claras a toda a poboación no momento da reapertura, como o uso xeneralizado de mascarillas, para as que pide unha baixada do IVE

Lembra que Galicia xa está a traballar nun estudo epidemiolóxico cunha mostra de máis de 100.000 persoas e cuxos resultados remitiranse de forma inmediata ao Ministerio de Sanidade

No ámbito económico, afirma que “o maior esforzo debe facerse para garantir a liquidez das empresas a curto prazo” e avoga por que o aprazamento de impostos teña un maior alcance do definido actualmente
 

17/04/20 | 16:25
Feijóo destaca que a Xunta continuará coa tramitación do 100% dos contratos de servizo e de subministración que estaban en execución

Precisa que en total continuarán 1.100 contratos, por un importe de 413 millóns de euros

“Estamos falando de contratos de subministración de vehículos da Xunta; de material para servizos de emerxencia; de mobiliario, por exemplo, para os centros escolares; de material de extinción de incendios; mantemento de edificios, etc”, explica

No eido educativo, destaca o reforzo da educación en liña para as familias con menos recursos, coa distribución doutros 1.750 novos equipos e conexión gratuíta á rede
 

17/04/20 | 16:25
Galicia iniciará a finais de mes o estudo epidemiolóxico sobre o COVID-19 que contará cun total de 100.000 test

Feijóo destaca que a primeira fase de mostraxe se iniciará a última semana de abril con 50.925 persoas

Salienta que se trata da mostra epidemiolóxica máis grande que se fixo no Sergas

Destaca a aprobación dun investimento de 3,4 M€ para a contratación de diversos materiais de protección destinados a profesionais e pacientes
 

16/04/20 | 14:01
Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e residencias

A nosa Comunidade leva realizadas case 54.000 probas para detectar o coronavirus desde o arranque da pandemia

15/04/20 | 16:57
Feijóo constata que Galicia está a conter a pandemia e salienta que a Xunta recibiu xa 30.000 test de dobre banda que adquiriu para detectar os positivos activos e os inmunizados

Avanza a realización dun estudo epidemiolóxico nunha porcentaxe considerable da poboación galega para ter estimacións fiables e afrontar as vindeiras semanas

Resalta o acordo da Xunta de facilitar aproximadamente 900.000 máscaras semanais –durante dúas semanas- para as empresas e os autónomos que o soliciten, a prezo de coste da Administración autonómica

Anuncia que esta tarde terá lugar a primeira reunión do comité de expertos económicos que asesora á Xunta ante o impacto que a pandemia terá na economía

12/04/20 | 17:33
Feijóo pide claridade ao Goberno de España e que o mando único garanta información contrastada e homologable no conxunto das comunidades

Salienta o avance que suporía que o Executivo adquirise test rápidos concluíntes para os positivos, xa que os test adquiridos ata o momento non son definitivos nos diagnósticos

Reitera a necesidade de establecer un protocolo de utilización das mascarillas, se ben advirte que “con mascarilla ou sen ela segue sendo imprescindible a distancia de seguridade”

Subliña a necesidade de axilizar os créditos do ICO, necesarios para dotar de liquidez ás empresas

Reprocha a decisión unilateral do Goberno central de confiscar tamén os orzamentos que as comunidades xa tiñan comprometidos en materia de vivenda
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia