Actualidade

Buscador de novas
Filtrar por texto
Filtrar por área temática:
30/11/23 | 14:27

O persoal investigador da administración galega contará a principios de 2024 cun novo marco lexislativo que mellorará as súas condicións laborais

Rueda destaca que Galicia se converterá na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Xunta dándolle “certeza” e “estabilidade”

30/11/23 | 14:24

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ as axudas a concellos e particulares para corrixir o impacto paisaxístico de vivendas, edificios e equipamentos

Rueda destaca que o obxectivo é “seguir promovendo o fermosismo” e reformar inmobles “en mal estado e que afean a paisaxe e as contornas”

29/11/23 | 19:30

O presidente da Xunta salienta a obra de José María Barreiro como crónica visual da memoria colectiva galega

Valora a obra de Barreiro como exemplo de entendemento profundo coa identidade galega

29/11/23 | 14:27

Rueda agradece a entrega, eficacia e esforzo da Policía Autonómica na contribución a unha Galicia máis segura

Considera “urxente” que o Goberno central complemente na Comunidade os efectivos deste corpo de seguridade que “paulatinamente” ten ido perdendo
 

29/11/23 | 12:08

Rueda anima ao alumnado galego a denunciar calquera tipo de violencia ou discriminación nos centros educativos para facer fronte ao acoso escolar

“Todos sodes iguais, non pode haber ningún abusón, que rompa a convivencia”, salienta diante dun grupo de escolares

28/11/23 | 14:48

Rueda destaca que os premios Aproema amosan o compromiso das administracións e empresas galegas na procura dunha Galicia máis verde e sustentable

Asegura que Galicia ten unhas “posibilidades magníficas” para medrar na nova economía verde actual
 

28/11/23 | 11:22

O presidente galego aposta por aproveitar as oportunidades da transición enerxética a través dun crecemento económico sustentable

Destaca que a comarca de Ferrolterra “é o lugar ideal” para asentar novas industrias “baseadas nas enerxías verdes e na descarbonización”

27/11/23 | 19:55

Rueda salienta as vantaxes do programa Retorna Cualifica Emprego que xa propiciou a volta a Galicia de máis de 200 galegos no exterior

Salienta o dobre beneficio que propicia esta iniciativa ao atraer talento e experiencia á comunidade a través de contratos indefinidos, ao mesmo tempo que axuda a cubrir vacantes laborais

27/11/23 | 14:40

Entregadas as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

Rueda destaca que a Xunta investirá 55 M€ en facilitar a promoción dun total de 1.600 vivendas protexidas nesta zona