Actualidade
Rueda informa da conxelación por duodécimo ano consecutivo dos prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de 18,7 M€ para as familias
Incide en que o próximo curso unha familia galega vai desembolsar polos estudos universitarios dos fillos exactamente a mesma cantidade que hai 12 anos, segundo o decreto de prezos públicos aprobado polo Consello da Xunta
Rueda anuncia que a Xunta convocará este mes o novo bono alugueiro mocidade, que prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos durante dous anos
Salienta que o obxectivo é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes
Rueda destaca a experiencia das comunidades na xestión de fondos europeos e reclama axilidade e concreción cos Next Generation
“O sistema autonómico permite unha mellor xestión dos fondos públicos xa que os Gobernos das comunidades estamos preto dos cidadáns”, afirma
Rueda salienta que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable
Incide en que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros, e son 11 máis que o ano anterior
Rueda pon en valor a formación profesional para situar o sector turístico e hostaleiro de Galicia como referente a nivel nacional e internacional
Anuncia a creación para o vindeiro curso de novos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo para dar resposta á alta demanda e para acadar a excelencia que demostra o sector nun ano no que Galicia está a bater récords de visitantes da man do Xacobeo
Rueda urxe ao Goberno a axilizar e concretar vías de apoio á automoción galega no reparto dos fondos europeos para blindar o seu futuro
Esixe que se corrixa “o erro” de deixar a Vigo fóra do Perte do vehículo eléctrico e conectado
Rueda subliña que o novo escenario económico, social e ambiental demanda respostas transformadoras como as que pode achegar a Universidade
Recoñece en Manuel Reigosa un interlocutor dialogante e disposto, que coñece a Universidade de Vigo de portas cara dentro e sabe do seu potencial de portas cara fora, e con quen comparte o obxectivo de lograr unha Galicia próspera e talentosa
Rueda tende a man aos colexios médicos galegos para afrontar os retos que precisa a sanidade e para ofrecer aos cidadáns a atención que merecen
Destaca o proxecto do Novo CHUAC, a maior obra pública que se impulsou na Coruña nos últimos anos cun orzamento de 430M€, e avanza que para finais de ano está prevista a posta en marcha dos hospitais de día, a ampliación de urxencias, unha nova planta de hospitalización e unha UCI
Rueda cualifica o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclama á ministra de Transportes que sexa abordado coa máxima prioridade
Incide en que os galegos merecen saber canto antes os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente
Rueda fai un chamamento a aproveitar o liderado forestal de Galicia en España e subliña o obxectivo de que o sector da madeira acade os 2.700 M€ de facturación en 2022
Destaca que somos potencia na xeración de materia prima, na creación de riqueza e emprego e na capilaridade da propiedade forestal, como amosa o dato de que unhas 80.000 familias viven directa ou indirectamente do monte