Avanza que, con carácter xeral, as interaccións sociais quedarán limitadas aos conviventes, a mobilidade reducirase ao propio concello e o toque de queda manterase ás 22,00 h porque “non temos capacidade para reducilo ata as 20,00 h”
O comercio non esencial permanecerá aberto ata as 18,00 h, exclusivamente, e os centros comerciais pecharán as fins de semana
“En definitiva, toca un esforzo máis e un novo exercicio de especial responsabilidade”, di, insistindo na necesidade de reducir os contactos para dobregar a curva e reducir, entre todos, a presión asistencial
Nuns tempos marcados por unha profunda incerteza e a desafección, incide na importancia da labor das institucións públicas para “converter os pousos da desafección nuns afectos e vínculos renovados”
Abordaron a posibilidade de crear un mecanismo para impulsar os proxectos tractores a través da colaboración público-privada
Á marxe destes tres proxectos, salienta que a Xunta propón dúas iniciativas máis: unha para impulsar a rede galega de hubs de innovación dixital e outra para a creación dun centro de fabricación propia de medicamentos de terapias avanzadas
Feijóo destaca que chegará ao 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO
Sinala que hoxe se autorizou un gasto de 34 M€ para a adquisición de 45.000 ultraportátiles e para a adquisición do equipamento necesario para outras 2.000 aulas E-Dixgal
Feijóo lembra que nos últimos anos se levan mobilizados máis de 175,5 M€, grazas aos que, a día de hoxe, funcionan 276 grupos de investigación nos que traballan uns 2.600 investigadores
Salienta que en 90 días a Xunta sumará 140 M€ en axudas para estes sectores
Das máis 40.000 solicitudes do I Plan de rescate xa están aboadas o 80%, máis de 32.500, que suman máis de 66 M€
“Imos seguir poñendo diñeiro. Correspóndenos asumir as responsabilidades e non as imos condicionar a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes”, incide
Sostén que esta iniciativa contribuirá a manter, aproximadamente, 30.000 postos de traballo e a reactivar a economía tras a incerteza e a actividade por mor da pandemia
Reitera o compromiso do Goberno galego cunha vivenda máis accesible, coa rehabilitación e coa rexeneración dos nosos espazos
Lembra que, a partir de mañá, poderán solicitarse as axudas do Bono de alugueiro social
Estrearase en Amazon Prime Video o vindeiro 22 de xaneiro, o que permitirá que se poida ver en 240 territorios, cunha audiencia potencial de 200 millóns de persoas
Subliña que, ademais desta actuación, a Xunta realizará tamén as obras no Estadio do Couto, que forman parte do orzamento deste ano 2021 cun importe de 1,7 €
Garante tamén o compromiso co complexo deportivo de Monterrei, cuxa zona deportiva está rematada e cun investimento total de 9 millóns, cofinanciados ao 50% entre Xunta e Deputación
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal