Actualidade
A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Naturgy, Repsol e Reganosa para construír unha planta de hidróxeno verde en Meirama
Salienta que o proceso permitirá a produción anual de 4.500 toneladas desta fonte renovable como produto principal para abastecemento da industria; e un subproduto -oxíxeno-, cunha produción estimada de 34.296 toneladas
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
O Goberno galego inicia a tramitación da Lei de ordenación do litoral que converterá a Galicia na primeira comunidade en regular a franxa costeira en toda a súa extensión
Rueda subliña que a Administración autonómica quere unha ordenación “realista, razoable, eficaz” e adaptada “á realidade galega”
Rueda destaca que os orzamentos da Xunta para 2023 reservan case 177 M€ para políticas de vivenda e solo empresarial, un 10,5% máis que este ano
Subliña que o obxectivo estratéxico do Goberno galego pasa por poñer á disposición da cidadanía 1.200 vivendas públicas máis
Rueda gaba a unión de tradición, creatividade, sustentabilidade e boa xestión empresarial como distintivo do éxito da moda galega
Atribúelle ao sector ser a grande carta de presentación de Galicia na modernidade e garántelle o compromiso do Goberno galego en seguirlles ofrecendo un marco estable e dinámico para o desenvolvemento da súa actividade
Rueda destaca a recuperación da fortaleza de Monterrei como modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico
Sinala que a comezos de 2023 licitaranse as obras para recuperar inmobles do recinto e poñelas ao servizo de usos turísticos
O Goberno galego aumenta o investimento no ensino para seguir mellorando o “magnífico nivel” de Galicia
Os orzamentos do 2023 destinarán 2.793 M€ ao ensino galego, a cantidade máis alta da súa historia
A Xunta defende a importancia de colaborar co sector empresarial para afrontar as incertezas económicas e aproveitar ao máximo os fondos europeos
Rueda apunta a elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial ou o novo CHUAC como exemplos do que se consegue a través destas sinerxias
O Goberno galego valora talento e a capacidade da artesanía de Galicia para xerar produtos con personalidade e valor engadido no mercado global
Rueda subliña que desde 2009 a Xunta leva investidos máis de 22 M€ na mellora da promoción, comercialización e formación dos artesáns galegos
A Xunta aposta por promover solo empresarial para favorecer tecido industrial en Galicia
Rueda resalta o éxito do proxecto do novo parque empresarial das Gándaras, que ten adxudicado o 100% do solo das fases rematadas e reservada parte da fase 3, en construción