Actualidade

BUSCAR...

Limpar
07/05/21 | 15:57
A Xunta pon en marcha a Estratexia galega de enfermidades raras que reducirá os prazos de diagnóstico e permitirá unha xestión máis eficaz e coordinada

Destaca que suporá unha mellora importante dos pacientes afectados por estas doenzas, que contarán cun novo modelo de atención que mellorará os tempos de diagnóstico e potenciará a súa detección precoz

Explica que para acadar todos este obxectivos a iniciativa contará con 7 eixos básicos
 

06/05/21 | 17:24
Feijóo anuncia as novas medidas acordadas polo comité clínico para seguir avanzando na apertura gradual e medida e adaptarse á nova situación que se abre co fin do estado de alarma

Destaca que desde o vindeiro domingo Galicia no seu conxunto deixará de ter peche perimetral, permitíndose a mobilidade para entrar e saír da Comunidade

Precisa a ampliación de aforos e horarios na hostalería en función dos niveis de risco

Salienta tamén as medidas para seguir avanzando na apertura das residencias e dos centros de día con máis saídas e un maior contacto familiar dos usuarios

Lamenta que, ante o fin do estado de alarma, a única solución que ofreza o Goberno central sexa a de xudicializar a pandemia, de forma que os tribunais teñan que avalar moitas das medidas que se deban tomar a partir de agora
 

05/05/21 | 11:50
Feijóo salienta a importancia da alianza "intensa e leal" entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas

Di que o compromiso e a vocación de servir do tecido social galego multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo

Asevera que o emprego é a mellor política social, se ben recorda que a Comunidade conta con outras liñas de apoio como a Risga; as máis de 1.000 Axudas de inclusión social que se concederon neste ano, ou a Tarxeta Básica

Resalta que no mes de abril Galicia volve a situarse como a comunidade coa maior baixada de paro, máis do 5,5%, cando a media de España non chega ao 1% de baixada

04/05/21 | 19:28
A Xunta e as tres universidades galegas asinan o acordo para impartir na Comunidade os títulos interuniversitarios de Grao e Máster en Intelixencia Artificial

Feijóo precisa que tanto o máster como o grao impartiranse nas tres universidades públicas galegas, onde actualmente se están ofertando os graos de Enxeñaría informática

Subliña que, tras a sinatura, as universidades comezarán a elaborar as memorias de verificación das titulacións, co fin de comezar a impartir estas titulacións no curso académico 2022-2023

Salienta a ampla experiencia coa que conta o SUG na impartición de materias relacionadas coa área das TIC, cun destacado cadro docente e con centros de investigación especializados na materia

Valora a colaboración e a vontade de diálogo das tres universidades, reflectidas tamén no actual Plan de financiamento do Sistema Universitario Galego ou nos traballos sobre o novo Mapa de titulacións

04/05/21 | 14:46
Feijóo eloxia o papel determinante dos empregados públicos na xestión e na superación da pandemia

Destaca o compromiso da Xunta para seguir fortalecendo os servizos públicos, a través, por exemplo, da aposta pola estabilidade, coas maiores ofertas públicas de emprego da historia da Comunidade

Asevera que para afrontar os novos desafíos como a dixitalización e seguir mellorando a Administración pública e as condicións dos seus empregados é necesario contar con “interlocutores activos e responsables”, en alusión ás organizacións sindicais

Subliña que os 40 anos de democracia e de autogoberno en Galicia acreditan que aqueles que acordaron construíron a Galicia actual, “porque é necesario acordar para avanzar”, di
 

04/05/21 | 12:44
Feijóo enxalza a capacidade do Hospital Público Lucus Augusti no seu X aniversario e anuncia a instalación dun novo equipo de tomografía para diagnósticos oncolóxicos

Asevera que coa posta en funcionamento do HULA resolveuse unha débeda pendente que o Goberno galego tiña coa provincia en materia sanitaria

Garante o compromiso cun complexo hospitalario innovador, moderno, equipado e humanizado, e lembra que este complexo hospitalario amosou a súa fortaleza na pandemia, reflectido na labor de todos os profesionais que traballan nel

No eido da Atención Primaria, lembra que o Centro Integral de Saúde de Lugo estará rematado a finais de ano e incorporará unidades de saúde mental, a base do 061 ou un PAC

03/05/21 | 13:00
A Xunta inicia as obras do Hospital Público Gran Montecelo co obxectivo de que estean rematadas entre finais de 2023 e principios de 2024, un ano antes do previsto

Feijóo subliña que co inicio da 1ª fase, dotada con 134 millóns, comeza a materializarse a ampliación dun hospital que atenderá as necesidades asistenciais da poboación de 26 concellos -máis de 300.000 habitantes-, nos próximos 50 anos

Precisa que estas obras completaranse cunha segunda fase, que implicará a reforma das instalacións xa existentes

Resalta que o novo Gran Montecelo contará con case 140.000 metros cadrados, é dicir, cun 74% máis de superficie
 

30/04/21 | 16:39
Feijóo traslada á vicepresidenta Nadia Calviño a oportunidade dos fondos Next Generation para modernizar a economía e contribuír a paliar os efectos da crise industrial e da transición enerxética

Incide en que a reconstrución económica do país pasa por que se financien as mellores iniciativas: “Non pode haber ningún outro criterio de selección que non sexa o de elixir proxectos solidamente construídos, que traian financiamento privado e que supoñan a creación de emprego con vocación de permanencia”

No eido industrial, recorda que as decisións do Goberno central conducen a unha transición enerxética e ambiental abrupta que pon en perigo 16.000 empregos na comunidade

Propón un Pacto de Estado por Ferrol, co obxectivo de buscar carga de traballo para Navantia e o desenvolvemento de proxectos Next Generation en distintos emprazamentos da comarca
 

29/04/21 | 20:05
Feijóo define a Pardo Bazán como figura de encontro entre Galicia e Madrid, dúas comunidades piares da "España unida e diversa"

Ve nesa dualidade un trazo definitorio da identidade galega: “Tanto aquí como en Bos Aires, A Habana, Londres ou Xenebra, o galego asimílase sen perder as súas raíces porque fai provisión de identidades nunha síntese marabillosa”, di

Incide en que o seu europeísmo non implica un afastamento do español, senón todo o contrario, e asegura ver tamén na figura da intelectual un anticipo do galeguismo cosmopolita que impregna hoxe a sociedade galega

29/04/21 | 15:45
A Xunta abre unha manifestación de interese que impulsará a implantación de novos centros de I+D+i en Galicia no marco da reconstrución

Feijóo salienta que a iniciativa permitirá identificar potenciais empresas interesadas en asentar en Galicia os seus centros e obter información sobre o ecosistema de innovación para definir futuros apoios

Anuncia que a Manifestación de Interese xa activada para identificar iniciativas de empresas do sector primario, agroalimentario e outros que poidan optar aos fondos da UE ampliará ata o 14 de maio o prazo de recepción de solicitudes
 

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia