Actualidade

BUSCAR...

Limpar
02/05/20 | 14:09
Feijóo presenta o plan de reactivación do turismo centrado en facer da comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía

Precisa a posta en marcha dunha estratexia de seguridade sanitaria que permita deseñar certificacións que acrediten o cumprimento das medidas e xerar confianza

Aposta por reformular a promoción de destino e impulsar novos produtos adecuados ao novo contexto do mercado

Avanza a creación do Bono Solidario para que as persoas de sectores como o sanitario e o social poidan desfrutar de hoteis e restaurantes, cunhas tarifas especiais bonificadas polo sector e incentivadas pola administración pública
 

01/05/20 | 11:20
A Xunta e o comercio galego traballan xuntos nun protocolo para a reapertura dos negocios e nas novas medidas para favorecer a súa reactivación económica

As perruquerías contarán cun protocolo específico polas súas características especiais

As medidas de prevención e saúde inclúen máis material de protección e unha campaña de comercio seguro para achegar confianza aos consumidores

A Xunta, que está apoiando ao sector coa inxección de liquidez, promoverá o uso e a adecuación a novos formatos de venda, a través de axudas á dixitalización e o impulso á loxística e a venda en liña

Crearase tamén unha plataforma para que cada comerciante poida realizar un autodiagnóstico e coñecer as medidas básicas que debe adoptar no seu negocio
 

30/04/20 | 16:59
Feijóo avanza o Plan de reactivación da cultura e o turismo cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas para fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo

Incide en que o plan prevé que a convocatoria do Ano Santo funcione como ferramenta de estímulo da actividade e do consumo

Lembra que este plan está consensuado cos sectores cultural e turístico

Sinala que o obxectivo é presentar Galicia como un destino seguro

30/04/20 | 16:58
O Goberno galego rende homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus e as súas familias e decreta loito oficial na Comunidade durante todo o mes de maio

“Cremos que é o momento de render unha homenaxe a todas as vítimas e de honralas como merecen”, di o presidente da Xunta

Feijóo asevera que a Comunidade afronta un momento clave desta pandemia cuns indicadores epidemiolóxicos e cunha capacidade sanitaria que a sitúan nunha posición sólida

O titular da Xunta pide novamente ao Goberno central criterios obxectivos, constatables e contrastados para pasar da fase da discrecionalidade á fase das certezas

29/04/20 | 16:47
Feijóo pide ao Goberno que non faga oídos xordos ás comunidades para de xeito coordinado e consensuado definir a mellor reactivación social e económica

Incide en que Galicia non pode avalar o plan de desescalada porque “ten serias lagoas de eficacia e utilidade” e “non foi negociado” coas comunidades

Asegura que o documento conta “con algunhas luces e con moitas sombras”, avogando por que sexa un punto de partida no que poder avanzar para aprobar un texto definitivo na conferencia de presidentes do domingo

No que respecta á mobilidade, insiste en que se nas catro provincias galegas a situación epidemiolóxica é igual, o lóxico é que poida haber movementos entre elas, sen necesidade de esperar ata o 22 de xuño como mínimo

Resalta a necesidade de despexar as incógnitas sobre a duración do estado de alarma, xa que dificilmente se pode falar de pasar á nova normalidade se temos unha situación excepcional

Fai fincapé na necesidade de coñecer os parámetros e as variables sanitarias a partir das cales o Goberno vai autorizar en cada territorio o paso á seguinte fase
 

27/04/20 | 14:04
O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus

As medidas afectan ao conxunto das administracións e teñen como obxectivo facilitar liquidez a través do adiamento de impostos, anticipos bancarios e un aumento dos créditos ás empresas

Demándase que as medidas en España vaian en liña coas adoptadas polas grandes potencias da UE para non afectar á competitividade empresarial

Apóstase por centrar esforzos nas empresas que diminuíron as operacións como mínimo un 35% polo coronavirus

O comité propón actuar sobre IRPF, IVE e Sociedades para dar liquidez ás empresas, e axudas específicas para adaptar os seus centros de actividade

Tamén ve oportuno reforzar as liñas do IGAPE e habilitar un portelo único

No eido municipal apóstase por reordenar os calendarios fiscais

26/04/20 | 16:57
Feijóo aposta por un modelo de desescalada baseado no mando único e cunha aplicación de acordo ás especifidades dos distintos territorios

Afirma que Galicia traballa xa “de cheo” neste proceso de planificación flexible, dinámico e baseado en tres eixes: xeográfico, demográfico e de sectores económicos

Reitera a necesidade dun protocolo único de uso de mascarillas e de que se acometa unha rebaixa do seu IVE, que segue fixado no 21%

Fai fincapé na necesidade de coñecer con que intensidade corresponden ás autonomías as axudas europeas e solicita novamente a celebración do Consello de Política Fiscal e Financeira
 

24/04/20 | 17:42
Feijóo trasladará ao Goberno novas medidas para empezar a levar a cabo na Comunidade como: a apertura de mercados ao aire libre, a rehabilitación en edificios ou a práctica de deportes individuais

Expón tamén a apertura da actividade en talleres e concesionarios, así como a posibilidade da apertura doutros establecementos comerciais, coas limitacións que sexan precisas, como o límite de aforo ou a cita previa

Insiste en que, “a estas alturas”, é imprescindible un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible

Subliña que a Xunta está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, apostando por unha desescalada por zonas e subzonas; cunha peza separada para o rural; e que teña en conta a idade, as características demográficas, a mobilidade e o estudo epidemiolóxico en marcha
 

24/04/20 | 17:29
O presidente da Xunta avanza a licitación das obras da primeira fase do Gran Montecelo, cun investimento de 115 millóns de euros

Incide en que este hospital disporá de 120 camas máis que a infraestrutura actual; aumentarase nun 92% o número de salas e postos de urxencias; e sumaranse un 49% máis de postos no hospital de día, que pasarán de 109 a 162

“Esta ampliación supón, sen ningunha dúbida, un antes e un despois para a sanidade pública na área de Pontevedra”, afirma

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia