Actualidade

Buscador de novas
Filtrar por texto
Filtrar por área temática:
28/09/22 | 21:04

Rueda pon en valor o universo literario de Xosé Carlos Caneiro como testemuña da súa entrega a Galicia e do seu amor pola lingua

O presidente da Xunta participou na presentación da novela “Paraíso” do autor ourensán

28/09/22 | 19:43

Rueda traslada ao embaixador británico o interese da Xunta por estreitar as relacións co Reino Unido para avanzar nos intereses comúns con Galicia

Trasladoulle ao máximo representante da diplomacia británica en España o pesar dos galegos polo falecemento da raíña Isabel II

28/09/22 | 16:22

Rueda subliña que Galicia aspira a aproveitar o seu papel como potencia termal europea para liderar a aposta polo turismo sostible

Salienta a acción da Xunta na promoción do termalismo tanto no eido legal e de investigación, como no apoio ao tecido produtivo e nos estímulos á demanda

28/09/22 | 12:44

Rueda anuncia a participación da Xunta a través da sociedade Impulsa Galicia para crear unha planta de transformación de xurro e outros residuos gandeiros en biometano e fertilizantes orgánicos

O presidente destaca que este proxecto no que están implicadas Reganosa, Repsol e Naturgy contará cun investimento de 146 M€ e creará 600 postos de traballo, entre directos e indirectos
 

27/09/22 | 15:14

Rueda anima a visitar a exposición sobre Laxeiro no Gaiás para coñecer máis de preto un dos pintores galegos máis importantes do século pasado

O titular do Goberno galego salienta que Galicia “inspirou ao Laxeiro máis universal” e destaca a combinación constante na súa obra “entre renovación e paixón pola cultura popular galega”
 

27/09/22 | 12:37

Rueda avanza que a Xunta investirá o maior presuposto da historia nun proxecto de país que xere oportunidades e certezas ao conxunto da cidadanía galega

Adianta que o Goberno galego aplicará con efectos inmediatos unha deflactación do IRPF nos seus primeiros tramos, ata os 35.000 euros, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro
 

23/09/22 | 15:46

A Comunidade galega rexistra ano histórico para o turismo con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto

Salienta que antes de rematar o verán xa se superou a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros

23/09/22 | 15:07

Rueda subliña o esforzo de Galicia por ofrecer certezas e captar investimentos para potenciar unha economía máis competitiva e innovadora

Anuncia que os Orzamentos de 2023 incluirán unha rebaixa un 25% no Imposto de Patrimonio, que supón unha bonificación da metade da taxa logo de aplicar a mesma baixada no pasado ano
 

22/09/22 | 15:56

Galicia impulsa a primeira plataforma experimental de eólica mariña

O Consello da Xunta acordou esta mañá asinar un Protocolo Xeral de Actuación coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica para colaborar nun desenvolvemento das enerxías mariñas compatible coas actividades pesqueiras e coa preservación do ecosistema