Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 661 novas:

13/05/2024 | 16:54

Rueda pon en valor un novo récord do Camiño de Santiago ao recibir ao peregrino número 100.000 antes que calquera outro ano

Salienta que o obxectivo non son as cifras, senón que cada peregrino se sinta acollido

13/05/2024 | 15:06

Rueda anuncia que a Xunta remite ao Parlamento o proxecto de Lei de recursos naturais para a súa aprobación

O Consello retoma nesta nova lexislatura a tramitación da lexislación que permitirá para reter en Galicia o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría

13/05/2024 | 15:04

Rueda destaca que a Xunta acelera os trámites para a construción de 560 vivendas protexidas na Coruña

Salienta que o Goberno autonómico remitirá a próxima semana ao Concello da Coruña o documento de modificación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para incrementar as vivendas protexidas no barrio de Xuxán

13/05/2024 | 15:02

A Xunta solicita ao Estado o traspaso das funcións e servizos necesarios para poder asumir a xestión completa do seu litoral

Rueda anuncia que o Consello autoriza reclamar ao Executivo central que inicie o procedemento a través da Comisión Mixta de Transferencias entre ambas administracións

10/05/2024 | 12:57

Alfonso Rueda e Inés Rey acadan un compromiso político para o futuro da fachada marítima da cidade da Coruña

Este novo marco colaborativo concretarase nunha nova reunión que terá lugar no mes de maio

07/05/2024 | 14:21

Rueda traslada ao Rei as prioridades desta nova lexislatura e reitera a lealdade de Galicia á orde constitucional

Defende que o “Estilo Galicia” baseado na moderación, centralidade, sentidiño e estabilidade ten “perfecto acomodo” na España constitucional, ao tempo que reivindica a identidade como comunidade histórica 

06/05/2024 | 15:05

Rueda destaca que a Xunta xa adxudicou 985 M€ dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia

O Consello do Goberno galego valorou hoxe o informe de execución do mecanismo a finais do primeiro trimestre de 2024