O presidente no Estatuto de Autonomía

ARTIGO 9

  1. Os poderes da Comunidade Autónoma exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu presidente.

ARTIGO 15

  1. O presidente dirixe e coordina a acción da Xunta e ocupa a representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia.
  2. O presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Galego de entre os seus membros e será nomeado por El-Rei.
  3. O presidente do Parlamento, logo de consultas coas forzas políticas representadas parlamentariamente e oída a Mesa, proporá un candidato a presidente da Xunta. O Candidato presentaralle o seu programa ao Parlamento. Para ser elixido, o candidato deberá obter na primeira votación maioría absoluta; en caso de non a obter, procederase, transcorridas vinte e catro horas da anterior, a unha nova votación e, obtendo maioría simple, considerarase outorgada a confianza. De non conseguirse esta maioría, tramitaranse sucesivas propostas na forma prevista anteriormente.
  4. O presidente da Xunta será politicamente responsable perante o Parlamento. Unha lei de Galicia determinará o alcance de tal responsabilidade, así como o estatuto persoal e atribucións do presidente.

ARTIGO 16

  1. A Xunta é o órgano colexiado de Goberno de Galicia.
  2. A Xunta de Galicia está composta polo presidente, vicepresidente ou vicepresidentes, se é o caso, e mais os conselleiros.
  3. Os vicepresidentes e conselleiros serán nomeados e cesados polo presidente.
  4. Unha lei de Galicia regulará a organización da Xunta e as atribucións e o estatuto persoal dos seus compoñentes.

ARTIGO 17

  1. A Xunta de Galicia responde politicamente perante o Parlamento de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus compoñentes pola súa xestión.
  2. A Xunta cesa tras a realización de eleccións ao Parlamento Galego, nos casos de perda de confianza parlamentaria, dimisión e falecemento do seu presidente.
  3. A Xunta cesante continuará en funcións ata a toma de posesión da nova Xunta.

ARTIGO 18

O presidente e demais membros da Xunta, durante o seu mandato e polos actos delituosos cometidos no territorio de Galicia, non poderán ser detidos nin retidos a non ser en situación de flagrante delito, correspondelle decidir, en todo caso, sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuízo ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Fóra deste territorio, a responsabilidade penal será esixible nos mesmos termos perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo.

ARTIGO 19

A Xunta de Galicia poderá interpor recursos de inconstitucionalidade e presentarse ante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos na Constitución e na Lei orgánica do Tribunal Constitucional.

O presidente dirixe e coordina a acción da Xunta e ocupa a representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia
Galicia será unha das primeiras CCAA en dispoñer dun censo con información actualizada co total de solo empresarial dispoñible Galicia será unha das primeiras CCAA en dispoñer dun censo con información actualizada co total de solo empresarial dispoñible

Galicia será unha das primeiras CCAA en dispoñer dun censo con información actualizada co total de solo empresarial dispoñible

A Xunta colabora coas universidades para avanzar na candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade A Xunta colabora coas universidades para avanzar na candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade

A Xunta colabora coas universidades para avanzar na candidatura de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia