Biografía do presidente

Naceu en Ourense en setembro de 1961. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de directivos da Xunta de Galicia e é funcionario da Administración autonómica, onde ingresou no 1985 como membro do corpo superior da Administración xeral da Xunta.

En xullo de 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e accedeu, tres meses máis tarde, á Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, para desempeñar ata 1996 o cargo de secretario xeral. Desde 1992 a 1996 exerceu o cargo de vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.

Posteriormente, no ano 1996 e ata o ano 2000, ocupou os cargos de secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e foi presidente do Insalud.

Entre maio de 2000 e xuño de 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e, desde xuño de 2001 ata xaneiro de 2003, foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos SA.

Accedeu ao cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003, e foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro de 2004.

En outubro de 2003 foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel A Católica.

Desde o 18 de abril de 2009 é presidente da Xunta de Galicia.

A modificación do regulamento da Lei do solo contribuirá a dinamizar e fixar poboación no rural ao facilitar a construción e rehabilitación de vivendas A modificación do regulamento da Lei do solo contribuirá a dinamizar e fixar poboación no rural ao facilitar a construción e rehabilitación de vivendas

A modificación do regulamento da Lei do solo contribuirá a dinamizar e fixar poboación no rural ao facilitar a construción e rehabilitación de vivendas

O Goberno galego incrementa as contías da Risga e establece a posibilidade de compaxinala cos ingresos laborais O Goberno galego incrementa as contías da Risga e establece a posibilidade de compaxinala cos ingresos laborais

O Goberno galego incrementa as contías da Risga e establece a posibilidade de compaxinala cos ingresos laborais

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia