Estrutura orgánica e funcional

A Presidencia da Xunta de Galicia está integrada por distintos órganos superiores cuxas competencias, ademais do apoio e asesoramento técnico ao seu titular que lle corresponde á Secretaría Xeral da Presidencia, abarcan áreas sectoriais de actuación diferenciadas.

Así, á Secretaría Xeral de Medios correspóndelle executar a política xeral da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación e audiovisual. A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior encargado do desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, das relacións coas comunidades galegas no exterior e das políticas migratorias e de retorno en Galicia. A Secretaría Xeral para o Deporte é a encargada da elaboración, proposta e execución da política do goberno galego en materia de deportes.

Á Presidencia da Xunta de Galicia están adscritas Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia do Turismo de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, creada polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no terreo das tecnoloxías da información e comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. A Axencia do Turismo de Galicia, creada polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, ten como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade e a conservación e promoción dos camiños de Santiago.

A Presidencia

 Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia


Feijóo destaca o traballo da unidade mixta de tratamentos de auga CIGAT para, a través de novas tecnoloxías, transformar os lodos en produtos que poidan ser empregados pola industria química Feijóo destaca o traballo da unidade mixta de tratamentos de auga CIGAT para, a través de novas tecnoloxías, transformar os lodos en produtos que poidan ser empregados pola industria química

Feijóo destaca o traballo da unidade mixta de tratamentos de auga CIGAT para, a través de novas tecnoloxías, transformar os lodos en produtos que poidan ser empregados pola industria química

Feijóo destaca que 2018 foi o mellor ano do naval na última década porque os encargos aos estaleiros galegos representan a metade do total de España Feijóo destaca que 2018 foi o mellor ano do naval na última década porque os encargos aos estaleiros galegos representan a metade do total de España

Feijóo destaca que 2018 foi o mellor ano do naval na última década porque os encargos aos estaleiros galegos representan a metade do total de España

Feijóo salienta que un de cada tres concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia xa conta con axudas para unha casa niño ou casa do maior Feijóo salienta que un de cada tres concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia xa conta con axudas para unha casa niño ou casa do maior

Feijóo salienta que un de cada tres concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia xa conta con axudas para unha casa niño ou casa do maior

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadania | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal

Turgalicia