Subliña que hoxe este organismo presta servizo a numerosos centros de investigación, con máis de 250 proxectos, 500.000 mostras e preto de 200.000 millóns de xenotipos ao ano
Asevera que detrás dos 25.000 diagnósticos anuais que fai a fundación e dos seus estudos e as súas conclusións hai esa luz que ilumina a esperanza de moita xente
Incide no labor do doutor Ángel Carracedo e das máis de 100 persoas que traballan con el, na Fundación ou no grupo de investigación xenómica
Destaca que nestes 20 anos o conxunto dos galegos, a través das súas contas públicas, fomos comprometéndonos cada vez máis coa fundación, ata chegar hoxe aos case 4,5 millóns de euros
Precisa que actualizará a estratexia de loita contra os lumes: na prevención, na vixilancia e extinción, e na sensibilización e colaboración cidadá; e incorporará importantes melloras organizativas e tecnolóxicas
A Conselleira do Medio Rural destaca que por primeira vez se cubrirán o cen por cento das vacantes do persoal do dispositivo e que se contempla a posibilidade de ampliar o seu tempo de traballo
Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade
Subliña que detrás desta institución está toda a cidade da Coruña; colaboran todos os estamentos da cidade, cidadáns anónimos e asociacións particulares
Asevera que esa indignación do Padre Rubinos coa situación que ve ao seu redor sírvelle para poñer en marcha unha obra descomunal plasmada na súa sede, cunha escola infantil, residencia de maiores, centro de día, centro de atención social continuada, comedor social e albergue
Destaca tamén o esforzo que nesta materia fan os galegos, reflectido nos máis de 700 millóns que a Xunta está a destinar a políticas sociais no presente exercicio; e na disposición dunha axenda pactada cos axentes sociais
Recorda que os medios galegos forman parte desa Galicia que define o seu camiño sendo fiel a si mesma e mantendo sempre ese vencello profundo entre os galegos
Salienta que o valor do bo periodismo, “e da boa política”, consiste precisamente en informar e actuar, en cumprir coa súa misión, arriscándose a equivocarse e estando dispostos a rectificar
Destaca o equilibrio, a obxectividade e a moderación que caracterizan o premiado Manuel Campo Vidal, moderador de tantos debates presidenciais que están xa na nosa historia recente da democracia española
“Este acceso vai marcar un antes e un despois para a Cidade da Cultura”, afirmou
Asevera que esta infraestrutura permitirá, co seu deseño, todos os movementos entre a autoestrada e Santiago tanto en sentido norte como en sentido sur
Destaca que facilitará a conexión coa AP-9 dalgúns barrios de Compostela, como son o de Fontiñas, Sar e Concheiros
Salienta a relevancia desta obra para o vindeiro Xacobeo
Afirma que, a pesar da anulación xudicial do PXOM en 2015, este proxecto permite un desenvolvemento urbanístico en Vigo planificado de forma ordenada, sustentable e inclusiva
Salienta que cun orzamento de 50 millóns, esta iniciativa busca una dinamización de 250 millóns no desenvolvemento urbanístico e residencial
Expón a necesidade de contar coa dilixencia necesaria da Administración local para que o vindeiro ano poidan comezar as obras que transformarán en realidade este proxecto
Insiste en que, ademais dos investimentos, a Xunta puxo todos os recursos ao seu alcance para evitar que as actuacións de interese xeral na cidade quedasen paralizadas pola falta de planeamento municipal, como a ampliación de Citröen
A conselleira precisa que este proxecto tamén contribuirá a paliar o déficit de aparcamento no barrio, posto que se construirán o triplo de prazas que de vivendas
Asevera que cada vez son máis os que superan esta enfermidade, o que insufla forza e esperanza a todos para seguir loitando: aos xestores sanitarios, aos médicos, aos pacientes, aos investigadores e, en definitiva, a toda a sociedade
Destaca a importancia da prevención e o éxito dos programas de cribado, tanto do cancro de mama como do de colon e recto
Refírese tamén á importancia das vías rápidas, que axilizan a atención e aumentan a efectividade das actuacións nos pacientes con sospeita de patoloxía grave
Salienta o importante esforzo de renovación e actualización do equipamento de alta tecnoloxía, cun investimento de 88 millóns de euros en oito anos
Resalta e agradece o traballo e o compromiso de todos os profesionais do Sergas e refírese a eles como a pedra angular na loita contra o cancro
Subliña que a historia clínica electrónica é unha das principais fontes de datos de vida real na asistencia sanitaria
Constata a melloría progresiva dos principais indicadores da sanidade nunha reunión co equipo directivo do Complexo hospitalario universitario de Ourense, liderado polo xerente Julio García Comesaña
Feijóo destaca o convenio de colaboración entre o Goberno galego, o Concello e o Adif para cofinanciar os accesos á estación intermodal e ao Centro Vialia, cun investimento conxunto de máis de 10,7 millóns
Precisa que o investimento total da Xunta na intermodal de Vigo ascende xa aos 14 millóns de euros: 12,3 millóns para a propia estación e 1,7 millóns para cofinanciar os accesos
Indica que que o obxectivo fundamental desta actuación é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano o paso inferior do viaduto de acceso á AP-9, pola rúa Alfonso XIII, a través dunha vía subterránea
Subliña o compromiso do Goberno galego de executar os ramais de conexión entre a estación de autobuses e a autoestrada AP-9, as instalacións e balizamentos
Di que o Ministerio de Fomento está a ultimar o encaixe técnico dos accesos no proxecto conxunto que supoñen as dúas estacións e o Centro Vialia
Asevera que a estratexia conta cun conxunto de 50 iniciativas cun orzamento total de 235 millóns de euros
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a