Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.844 novas:

23/06/2026 | 18:44

Rueda reivindica o papel de Galicia na vangarda da loita contra a violencia dixital co impulso da primeira Lei nacional neste eido

Destaca que a futura norma autonómica, na que xa se está a traballar para aprobala antes de que remate o ano, converterá á comunidade na “primeira en contar cun marco legal destas características en España e Europa”

22/06/2026 | 15:22

A Xunta traballa na recuperación dos servizos esenciais e infraestruturas viarias nas zonas de Lugo e Ourense máis afectadas polas chuvias do 17 de xuño

Alfonso Rueda anuncia que “esta mesma tarde” o Goberno galego convocará ás Deputacións de ambas provincias para realizar en conxunto “unha análise minuciosa dos danos e concretar as necesidades de reparación”

22/06/2026 | 15:18

Galicia destinará 805 M€, un 20 % máis, para converter a biotecnoloxía galega nun referente internacional

Rueda destaca que o obxectivo é aumentar un 30% a facturación ata os 2.650 M€ e propiciar que o número de entidades e empresas activas acade as 200, un 23,5 % máis

22/06/2026 | 15:15

Rueda anuncia que a Xunta recorrerá o real decreto sobre as zonas de aceleración de renovables por invadir competencias autonómicas

O Consello da Xunta aprobou hoxe a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional despois de coñecer que o ditame preceptivo do Consello Consultivo de Galicia é favorable á viabilidade xurídica da iniciativa