Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.975 novas:

05/10/2026 | 15:19

A Xunta aproba o proxecto da nova Lei de Administración local de Galicia para adaptar a normativa vixente desde hai case tres décadas á realidade actual das entidades locais

O Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace á norma que, tal e como apunta Rueda, busca “seguir garantindo que os concellos dispoñan dos recursos que necesitan para levar a cabo o exercicio das súas competencias”

04/10/2026 | 10:38

Rueda trasládalle ao embaixador británico a fortaleza dos lazos comerciais de Galicia co Reino Unido

O presidente da Xunta mantivo un encontro co embaixador Alex Ellis no marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, onde puxo en valor a posición de Galicia como un socio industrial e comercial fiable e competitivo no contexto europeo e internacional

01/10/2026 | 18:22

Rueda reivindica a voz das comunidades autónomas ante os retos globais e destaca a Galicia como modelo de estabilidade e moderación

Salienta que a comunidade ten moito que achegar nos grandes debates internacionais, con accións pioneiras en materia de intelixencia artificial, enerxías renovables ou captación de investimentos

30/09/2026 | 19:33

Rueda destaca o papel do sector hoteleiro á hora de consolidar Galicia como destino turístico atractivo e de calidade

Asegura que, ás portas do Xacobeo 2027, “o gran ano de Galicia”, a comunidade precisa “establecementos e profesionais” da excelencia de Hotel Palacio del Carmen

29/09/2026 | 19:42

Rueda destaca a aposta real da Xunta por aumentar a oferta de vivenda, con 4.000 fogares públicos xa en marcha

Fai fincapé en que se está cumprindo o compromiso de duplicar o parque público de vivenda, chegando a 8.000 fogares antes de que remate 2028