Actualidade

Buscador de novas
Filtrar por texto
Filtrar por área temática:
05/12/23 | 15:01

Rueda destaca que a partir de xaneiro 20.000 dependentes que reciben atención no seu domicilio contarán cun bono de 5000 € ao ano

Sinala que os que viven nunha residencia tamén recibirán un complemento de 1200 euros anuais
 

04/12/23 | 14:55

Rueda salienta o potencial de Punta Langosteira para converterse nun referente industrial, loxístico e da transición enerxética de toda Europa

Defende a eólica mariña como unha “oportunidade” deste porto para seguir medrando, polo que lle reclama ao Goberno central que manteña o apoio á plataforma experimental para este lugar tal e como se ten comprometido
 

02/12/23 | 14:23

Rueda destaca a renovación da praza do Mar de Sanxenxo como exemplo de integración dos espazos urbanos e portuarios

Salienta que permitirá dar unha nova vida a este espazo e que dará a oportunidade a veciños e visitantes de desfrutar da costa da localidade

01/12/23 | 16:50

Rueda eloxia o compromiso e a lealdade do tecido empresarial galego na defensa dos intereses da comunidade

Destaca a “honestidade e o traballo” das organizacións empresariais e as compañías galegas, que “son as que moven a economía”

01/12/23 | 13:56

Rueda enxalza o papel dos gandeiros á hora de consolidar Galicia como unha potencia leiteira que aposta pola excelencia e a produción sustentable

Salienta que Galicia é a comunidade na que máis medrou a produción de leite e que xa concentra arredor do 42 % do total rexistrado en España
 

30/11/23 | 19:13

Rueda pon en valor a figura e a obra do pintor pontevedrés Manuel Moldes

Valora a aportación artística de Moldes como chave para o tecido cultural galego e as nosas artes

30/11/23 | 16:28

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector do metal para potenciar o seu crecemento e diversificación con actividades como a eólica mariña

Asegurou que o tecido económico contará coa man tendida do Goberno autonómico, ao poñer como exemplo a inauguración o vindeiro ano da Oficina Económica de Galicia para “centralizar todos os trámites que correspondan coa Xunta”

30/11/23 | 14:32

Rueda anuncia que Galicia será a primeira rexión de Europa en regular por lei o uso da intelixencia artificial

Informa de que o Consello autoriza a tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia