Actualidade

Buscador de novas
Filtrar por texto
Filtrar por área temática:
21/11/23 | 20:48

Rueda destaca o apoio e impulso da Xunta ao emprego inclusivo ao que se destinarán 33,4 M€ en 2024

Salienta o compromiso da Xunta e de entidades como Cegasal para inserir no eido laboral as persoas con discapacidade

21/11/23 | 15:23

Rueda destaca que Galicia se sitúa como referente no uso de drons para servizos máis comerciais e masivos coa apertura dun centro de probas pioneiro en Europa

 “Estamos a nada de poder ver esa circulación de dróns con normalidade, prestando servizos con enorme utilización, aceptación e rendibilidade”, salienta sobre a importancia deste campo de probas de vehículos aéreos non tripulados máis completo do continente

20/11/23 | 18:24

Rueda asina un acordo marco coa Fundación ‘la Caixa’ para seguir colaborando en materia de acción social, científica, educativa e cultural

O obxectivo é mellorar as condicións de vida da infancia vulnerable, os maiores ou dos cidadáns en risco de exclusión

20/11/23 | 15:00

Rueda resalta o investimento da Xunta de máis de 100 M€ para consolidar no tempo 5000 prazas de atención á discapacidade que prestan as entidades sociais

Destaca que se fará a través da fórmula de concerto social, unha demanda das entidades do sector, que garante blindar a prestación deste servizo por parte destas asociacións
 

17/11/23 | 12:28

Rueda insta a defender a igualdade dos cidadáns e o equilibrio territorial na España das autonomías

Urxe a convocatoria dunha Conferencia de Presidentes para abordar o futuro do país desde a multilateralidade

16/11/23 | 19:43

Rueda destaca a aposta da Xunta polo transporte público con medidas como a gratuidade das liñas interurbanas de autobús para mozos e maiores

Pon en valor que a Xunta inviste cada ano 100 millóns de euros no transporte público autonómico

16/11/23 | 16:01

Licitadas por case 20 M€ as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo

Rueda anuncia que contan cun prazo de execución de 25 meses e o Goberno galego achegará un investimento de 12,8 M€

16/11/23 | 15:56

Rueda anuncia que a Xunta solicitará unha Conferencia de Presidentes ante a desigualdade territorial xerada polos acordos da investidura

Denuncia a “clarísima situación de desigualdade” de Galicia respecto a outras autonomías tras os pactos para investir Pedro Sánchez e reclama “explicacións” ao Executivo

16/11/23 | 15:23

A Xunta autoriza a prórroga do convenio do Plan de transporte metropolitano da área de Vigo para os 2 vindeiros anos cun investimento autonómico de 2,4 M€

Rueda asegura que deste xeito garántese a continuidade deste plan social que beneficia a “80.000 veciños” e que permite aforros de “ata 1.000 € ao ano”

Destaca que o Goberno galego continuará asumindo “os descontos do 80 % nos billetes interurbanos, ademais do 100 % dos transbordos” e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas

16/11/23 | 11:47

Rueda recibe a embaixadora de Suráfrica en España para reforzar os lazos comerciais e empresariais entre Galicia e este país africano

O obxectivo é afianzar as relacións económicas con este Estado ao que xa exportan máis de 170 compañías galegas