Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.946 novas:
Rueda pon en valor o traballo de cooperativas como Cofano para garantir o acceso rápido e seguro aos medicamentos en toda a comunidade
Asegura que para a Xunta é unha prioridade garantir a prestación farmacéutica en todo o territorio e facilitar a adherencia aos tratamentos
Rueda destaca o papel estratéxico do novo centro de BorgWarner como motor da mobilidade sostible e da captación de talento investigador
Subliña que este centro de investigación de vangarda, de máis de 5.000 m² no parque empresarial Porto do Molle, consolida a rexión como un polo tecnolóxico de referencia
Rueda destaca a Cidade Infantil Príncipe Felipe como referente do sistema galego de protección á infancia e exemplo de colaboración entre administracións
Pon en valor que o modelo autonómico de atención aos menores vulnerables é dos máis integradores de España
Rueda destaca que a nova ETAP de Padrón supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga á veciñanza de nove concellos do entorno do río Ulla
A Xunta achegou 10,5 M€ para aumentar a capacidade de tratamento da planta nun 40% e atender a 90.000 habitantes no horizonte 2044
A Xunta inicia o proceso para acelerar a integración laboral das persoas acollidas á regularización extraordinaria e cubrir vacantes das empresas
Alfonso Rueda lembra que este proceso xa está a ter impacto nas cifras de paro rexistrado, con “máis de 2.100 persoas inscritas nas oficinas de emprego da comunidade como consecuencia deste proceso”
Rueda esixe a retirada da proposta estatal de modificar a lexislación de Costas para aplicar criterios de deslinde máis restrictivos e advirte de que pode afectar a 2.500 edificacións en Galicia
Anuncia que esta semana se van presentar alegacións ao Real Decreto de xestión dos riscos de inundación, no que se inclúen estes cambios
Rueda destaca que o Consello aproba o novo proxecto de residencias de maiores para a creación de 25 centros e máis de 1.800 prazas
Salienta que, como mínimo, “o 60% destas novas prazas serán públicas”
Rueda destaca que o desenvolvemento de preto de 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial ata 2030 permitirá ampliar e atraer novas empresas
Salienta que suporá poñer a disposición nos próximos anos máis superficie que a que se habilitou desde a creación de Xestur, a mediados dos 80
Rueda destaca que o Camiño Portugués da Costa é a ruta xacobea que máis medra, cun incremento de peregrinos do 25% no último ano
O fluxo de camiñantes pasou de 2.600 en 2016 a 90.000 no 2025