Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.834 novas:

20/06/2026 | 16:25

Rueda afirma que os profesionais sanitarios son o piar fundamental sobre o que se sustenta a excelencia do sistema público de saúde galego

Reitera o compromiso prioritario do Goberno galego con ofrecerlles a estes profesionais as mellores condicións posibles para o desenvolvemento do seu traballo, poñendo en marcha medidas para reducir a burocracia na atención primaria e avanzando unha reforma integral deste nivel asistencial en poucas semanas  

19/06/2026 | 13:11

Rueda destaca á corporación Hijos de Rivera como exemplo dunha Galicia competitiva, innovadora e fiel ás súas raíces

Salienta a aposta do Goberno galego por impulsar á industria na comunidade, con medidas como a posta en marcha ata 2030 de 12 millóns de metros cadrados de novo solo empresarial

17/06/2026 | 20:11

Rueda destaca ás universidades galegas como un dos principais motores de progreso da comunidade autónoma

Pon en valor a medida pioneira da matricula gratuíta nos estudos superiores, que supón un aforro anual para as familias galegas duns 7,7 millóns de euros

16/06/2026 | 11:31

Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial

“É un gran logro colectivo, síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”, indicou tras salientar a “estabilidade institucional” que ofrece Galicia

15/06/2026 | 15:43

Rueda salienta que a reforma da PAU proposta pola Xunta busca asegurar condicións máis xustas ao alumnado galego e máis garantías no proceso

Sinala que se busca “garantir, a través dunha maior participación e dunha maior coordinación” que os alumnos e alumnas galegas estean “en igualdade de condicións cando menos que o resto dos alumnos que fan a PAU en toda España”

15/06/2026 | 15:41

Rueda anuncia que a Xunta aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o vindeiro ano