Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.924 novas:
A Xunta desenvolve un novo e avanzado sistema de simulación de propagación de grandes incendios que permite anticipar o seu comportamento e apoiar a toma de decisións na súa xestión
Alfonso Rueda explica que o Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal), desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dotará o operativo de loita contra o lume “a partir deste verán” dunha ferramenta propia con capacidade para “adiantarse á realidade, comparar distintos escenarios de evolución e avaliar as medidas de extinción”
Rueda recoñece o traballo de vangarda do CETMAR na súa estratexia de economía azul e cooperación internacional no seu 25 aniversario
“Somos unha das referencias en Europa de facer as cousas ben, de vivir do mar, de que moita xente teña nel o seu medio de vida e de que se faga de xeito sostible e o CETMAR ten moita responsabilidade nisto”, asegura
Rueda destaca a apertura do novo Consulado Honorario de México en Galicia como un paso estratéxico para reforzar o retorno da diáspora e a atracción de investimentos
Subliña que a nova sede en Ourense servirá como unha ponte para fortalecer os lazos históricos, culturais e económicos compartidos a ambos lados do Atlántico
Rueda destaca que as 147 bandeiras azuis consolidan a Galicia como un referente internacional de calidade, excelencia e sostibilidade turística
Sinala que Galicia “é a comunidade que máis medra” en distintivos e que, sumando tamén os sendeiros azuis, é a segunda con máis galardóns deste tipo en España, cun total de 219
Rueda destaca a futura Cidade Deportiva Afouteza como unha infraestrutura estratéxica que posiciona a Galicia como referente internacional na formación e innovación deportiva
Sinala que o proxecto avanza a bo ritmo para dar lugar a un gran complexo deportivo no que os rapaces e rapazas da canteira do Celta medren e se formen tanto a nivel deportivo coma persoal
Rueda sitúa o Parque Nacional das Illas Atlánticas como un activo moi importante para Galicia polos seus valores naturais e biodiversidade
Fai fincapé en que “é un dos emblemas de Galicia Calidade, polo cal nos identifican en moitísimos sitios, e que temos que seguir mimando”