Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas:
Rueda destaca Galicia como destino seguro, auténtico e de calidade nun encontro con operadores turísticos chineses
Resalta entre as catro principais razóns polas que Galicia se axusta ás demandas actuais aos viaxeiros deste país asiático que se trata dun destino non masificado
Rueda centra a súa primeira xornada en China en reforzar e explorar novas relacións comerciais e económicas no sector da automoción
Visita varias factorías de loxística, compoñentes ou baterías e mantén un encontro coa directiva de SAIC Motors, un dos principais fabricantes chineses
Rueda inicia mañá a súa primeira viaxe oficial a China para explorar novas relacións comerciais e turísticas co país asiático
Destaca a oportunidade que supón para Galicia que compañías chinesas decidan investir ou abrir novas liñas de negocio na comunidade
Rueda anuncia que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario
Sinala que esta regulación, que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados
A Xunta exixe ao Estado suspender a tramitación da reforma do Regulamento de Costas xa que invade competencias exclusivas de Galicia e vulnera dereitos dos titulares de concesións no litoral
O Consello tomou razón hoxe das alegacións presentadas polo Goberno autonómico no marco do proceso de información pública da modificación normativa impulsada de forma unilateral polo Estado
Rueda anuncia a aprobación do decreto que estende o horario dos Puntos de Atención Continuada á mañá dos sábados para reforzar a continuidade asistencial na atención primaria
Explica que a apertura dos PAC os sábados pola mañá irá acompañada dun “incremento de 211 prazas ata 2028, das cales 100 serán de médicos, 80 de persoal de enfermaría e 31 de persoal de xestión e servizos”
Rueda anuncia que a Xunta aproba o decreto que institucionaliza o diálogo social como marco clave para tratar retos estratéxicos do mercado laboral
A norma establece o funcionamento e composición da Mesa de Diálogo Social e regula este espazo do que forman parte o Executivo galego e os axentes sociais
A proposta da Oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas
Alfonso Rueda anuncia que se negociará coas organizacións sindicais esta mesma semana
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co rural coa entrega de máis de 540 títulos da concentración parcelaria en Mesía, que permitiu multiplicar por tres a dimensión das leiras
Destaca que o proceso permitiu “reducir o número de propiedades, aumentar a superficie e sobre todo dar moita máis utilidade nun concello agrogandeiro como este para poder traballar as terras e darlle un sentido a ter esas propiedades”