Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:

28/11/2025 | 14:49

Rueda anuncia a creación dunha rede de fomento do emprendemento baseada na colaboración público-privada

Hoxe asinouse un manifesto de vontades para crear esta nova plataforma ferramenta, que estará aberta a todo aquel que desexe adherirse no ámbito do ecosistema emprendedor galego

28/11/2025 | 12:06

Rueda destaca a aposta da Xunta por potenciar o talento da mocidade e apoiar a súa inserción laboral a través de iniciativas como ‘Xuventude na onda’

Pon en valor o evento posto en marcha polo Goberno autonómico e que contará entre hoxe e mañá cunha vintena de actividades para, en colaboración coas universidades galegas, conectar o talento mozo e os sectores de innovación, ciencia e empresa

27/11/2025 | 16:40

Rueda pon en valor o papel das gasolineiras no rural á hora de garantir servizos básicos e contribuír a fixar poboación

Destaca o acordo alcanzado entre a Xunta, a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) e Abanca este ano e que está a permitir a retirada de efectivo nas estacións dos municipios de menos de 20.000 habitantes

27/11/2025 | 12:56

Rueda anuncia o comezo das obras da nova residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega nos terreos da ETEA en Vigo

O presidente da Xunta sinala que “é un auténtico orgullo que Galicia poida contar con centros coma este” e resalta o compromiso do Goberno galego por seguir mellorando a atención ás persoas maiores

24/11/2025 | 15:41

Rueda anuncia que a Xunta aproba un plan para xeneralizar o uso da IA na administración, nas empresas e no día a día da cidadanía galega

Destaca que un dos obxectivos do Programa galego de intelixencia artificial para o período 2026-2028, dotado de 54 M€, é ampliar os servizos con IA que a Xunta ofrece á cidadanía