Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:
Rueda salienta os máis de 600.000 € investidos no Centro de Fauna Silvestre do Veral como exemplo da aposta da Xunta pola conservación da biodiversidade
Destaca o “orgullo” que supón contar con profesionais especializados en “coidar da fauna galega”, que supón un dos principais “atractivos da nosa comunidade”
Rueda reivindica no balance do seu primeiro ano de lexislatura un Goberno “con rumbo claro, responsabilidade e identidade propia”
Destaca na súa intervención algúns fitos acadados neste ano, incluíndo o calendario vacinal máis avanzado de Europa ou a gratuidade da matrícula universitaria
Rueda reivindica o turismo sostible e de calidade como piar da economía galega
O proxecto conta cun financiamento de preto de 578.000 euros por parte da Xunta, procedentes de fondos Next Generation
Rueda destaca que a Xunta traballa xa no primeiro Catálogo do patrimonio cultural do litoral tras o acordo histórico para que Galicia asuma a xestión directa da súa costa
Estará aprobado “no último trimestre” do ano e busca inventariar bens, elementos etnográficos e edificacións públicas e privadas na franxa costeira e fixar os seus usos
Rueda anuncia que a Xunta aproba a declaración de Ben de Interese Cultural do Pazo de Lourizán polo seu valor arquitectónico, histórico e paisaxístico
Rueda lembra que o Executivo autonómico está a investir "máis de 17,3 M€ na súa restauración para abrilo ao conxunto da cidadanía”
A Xunta declara proxecto de interese autonómico a Factoría do Deporte Galego–Galicia Sports 360
Rueda salienta que o proxecto que o Real Club Celta de Vigo está desenvolvendo en Mos “transcende o ámbito municipal” pola súa repercusión económica, social e cultural
Rueda destaca o potencial do subsolo galego para reforzar a cadea de valor europea das materias primas
O presidente do Goberno galego mantivo un encontro con representantes do Grupo Samca, que promove o proxecto da mina de Doade, no municipio ourensán de Beariz
Rueda aposta pola cooperación e a lealdade institucional para seguir construíndo “a Galicia Calidade que todos queremos”
Salienta a unión de institucións públicas, arcebispado, grupos parlamentarios e sociedade civil que permite a posta en marcha da nova entidade
Rueda salienta no foro “Encontros no Eo” a importancia da colaboración público-privada para axudar a resolver a cuestión da vivenda
Reclama ao Goberno central un Pacto de Vivenda serio, financiado e duradeiro, ferramentas contra a ocupación ilegal e un marco xurídico claro para a vivenda turística