Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:
Rueda destaca que cada vez máis alumnos galegos apostan por formarse nas ensinanzas artísticas, lingüísticas e deportivas
Sinala que medidas como diversificar a oferta e a gratuidade da matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores en centros públicos galegos axudan a este incremento
Rueda asina coa rexión de Lazio un memorando de entendemento para a promoción conxunta do Camiño de Santiago e da Vía Francíxena
Explica que esta alianza se leva a cabo nun “momento de especial interese”, tendo en conta que este 2025 se celebra o ano xubileo romano e en 2027 o próximo Xacobeo
Rueda destaca o investimento da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para o tratamento de residuos téxtiles
Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa educación ambiental dos máis novos como ferramenta clave para avanzar cara á neutralidade climática
Salienta a importancia de que “Galicia estea cumprindo os obxectivos que nos marca a UE antes que a inmensa maioría dos territorios e que sexamos capaces de reducir a pegada de carbono ou de apoiar as enerxías renovables”, coa mirada posta nos que “veñen detrás”
Rueda reivindica a unión de forzas en torno á Declaración de Santiago para garantir que todos os españois accedan aos servizos públicos coa mesma calidade
Espera que a renovación da adhesión a este acordo promovida xunto co presidente de Aragón “teña éxito e apoio” xa que é “máis necesaria que nunca”
A Xunta dá luz verde ambiental á repotenciación de 9 parques eólicos para eliminar 286 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable
Alfonso Rueda explica que o Consello toma razón dun informe sobre os proxectos de eólicos repotenciados que recibiron avaliación ambiental favorable no último ano por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Rueda anuncia a aprobación do novo plan de I+D+i, que medra un 20% ata os 1.310 M€ con medidas para atraer investigadores e que a ciencia impulse o progreso socioeconómico
Explica que a iniciativa fixa como ámbitos de alto impacto “a biotecnoloxía, a intelixencia artificial, a cuántica e as tecnoloxías limpas”, nos cales Galicia destaca de xeito especial
A Xunta unifica nunha única convocatoria con case 4 M€ os apoios á dixitalización, modernización e sustentabilidade do tecido comercial e artesanal
Rueda sinala que a Administración autonómica busca “promover o comercio local de proximidade e tamén a cada vez máis puxante artesanía galega” ao tempo que se aposta por unha maior axilización nas tramitacións para maximizar o impacto no sector
Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
Avalían o éxito de programas para facilitar a contratación dos galegos retornados ou a integración sociolaboral de estranxeiros