Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:
Rueda sinala que o novo Plan de sendas de Galicia permitirá executar máis de 120 km de itinerarios nas estradas autonómicas cun investimento de preto de 70 M€
Lembra que este plan permitiu xa acometer case 300 quilómetros de novos itinerarios cun investimento de preto de 144 M€, e que foi recentemente distinguido nos premios europeos á excelencia na seguridade viaria 2024
Rueda destaca a aposta da Xunta na prevención de enfermidades coa posta en marcha dun proxecto pioneiro para avaliar o mapa xenómico de 400.000 galegos
Asegura que o proxecto Xenoma é un exemplo “da medicina moderna e de futuro que xa se está a realizar en Galicia”
Rueda lamenta a falta de vontade do Goberno para chegar a acordos en materias clave como o financiamento, a vivenda, a inmigración e a sanidade
Insiste en que é “inaprazable” abordar o modelo de financiamento autonómico no Consello de Política Fiscal e Financeira
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co emprendemento no rural galego como clave para atraer talento e fixar poboación
Destaca medidas como a Rede de Polos de Emprendemento mediante a cal a comunidade xa conta con 15 centros activos que, desde 2022, prestaron asesoramento a preto de 3.000 proxectos empresariais
Rueda apela á produtividade e á capacidade innovadora da planta de Stellantis en Vigo como o mellor aval nos plans de futuro do grupo
Lembra que é a factoría que máis vehículos produce do grupo en España, o 22% dos vehículos fabricados no conxunto do país en 2023
Rueda destaca o apoio da Xunta para que Galicia sexa unha terra de oportunidades na que empresas e cidadáns prosperan
Sinala que esta gala serve para celebrar a excelencia empresarial de Ourense e toda Galicia, recoñecendo o traballo das empresas premiadas
Rueda anuncia que a Xunta porá en marcha un plan específico en 2025 para potenciar a imaxe de Galicia como destino termal
Resalta que se habilitarán 8 M€ para reforzar “o tesouro natural” que supón a presenza de fontes termais na comunidade