Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:

25/11/2024 | 15:33

A Xunta autoriza a licitación por 2,6 M€ dos Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo no que construír as primeiras 15.000 vivendas

Rueda salienta que a contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo “que permita a construción de 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres”

25/11/2024 | 15:30

A Xunta aproba o proxecto de trazado do treito que culmina a autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea e O Rollo, cun investimento de máis de 32 M€

O presidente do Goberno galego salienta que se trata do “segundo treito da prolongación da AG-59 desde o enlace coa AC-241, actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea”, ata o enlace coa PO-841

24/11/2024 | 10:14

Rueda destaca que a viaxe a Brasil permitiu potenciar as relacións comerciais e reforzar os lazos coa colectividade galega

Subliña as reunións mantidas con empresas e institucións brasileiras e galegas para intensificar a presenza de compañías da comunidade no país suramericano

22/11/2024 | 16:31

Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países

Asina un convenio de colaboración con Abegal para fomentar as relacións comerciais, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para a entidade Abegal, fortalecendo a súa presenza no mercado brasileiro