Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:

07/05/2025 | 13:10

Rueda anuncia que Galicia incorporou en abril a preto de 3.000 novos dependentes atendidos, cifra récord mensual desde que hai rexistros

Sinala que o Plan de axilización e simplificación da dependencia e discapacidade axudou a resolver 32.000 expedientes desde o mes de xaneiro, un 70% máis que no mesmo período do ano anterior

06/05/2025 | 14:55

Rueda defende a aposta prioritaria da Xunta pola vivenda pública tralo acordo asinado cos concellos de Lalín, Teo e A Estrada

Resalta o compromiso do Executivo autonómico con ofrecer “solucións reais” ao problema da vivenda e lembra que se traballa para “duplicar o parque público residencial” nesta lexislatura

05/05/2025 | 17:19

Rueda avalía cos alcaldes da Mancomunidade de Verín iniciativas para mellorar os servizos de abastecemento e saneamento da comarca

O presidente da Xunta mantivo hoxe un encontro cos rexedores no que lles trasladou as diferentes liñas de axudas que Augas de Galicia pon a disposición dos concellos

05/05/2025 | 15:46

A Xunta aproba o Pladiga 2025 que inclúe un incremento do 19% no orzamento para a formación do persoal contra incendios

Destínanse preto de 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026 á formación e ao adestramento dos profesionais para a realización de case 3.500 edicións de cursos e accións formativas