Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas:
Rueda anuncia que a oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde para 2025 acadará as 3.460 prazas, 2.000 máis das inicialmente previstas
Asegura que se trata dunha medida “de enorme calado para reducir a temporalidade” na sanidade pública
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co tecido empresarial galego na clausura da Asemblea Xeral da CEG
Destaca os puntos de encontro cos empresarios e os seus representantes para a mellora da economía galega
Rueda salienta o liderado de Galicia en distintivos de calidade ambiental con 137 bandeiras azuis
Subliña que este verán será especialmente significativo, xa que o 1 de xullo culminará o proceso de traspaso da xestión do litoral á Xunta de a Galicia
Rueda destaca que a Xunta asume a xestión do litoral con ilusión e responsabilidade nun asunto vital para o desenvolvemento de Galicia
Salienta que é unha cuestión transversal que compete a todo o Goberno galego pola transcendencia que ten para a comunidade ante o gran volume de poboación e de actividades económicas asentadas na liña de costa
A Xunta activará este mércores unha nova edición dos bonos Activa Comercio coa previsión de mobilizar 8,5 M€ en vendas nos negocios de proximidade adheridos
O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a primeira convocatoria de axudas deste ano dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia
Rueda anuncia que a Xunta destinará 1,5 M€ para mellorar a relación dixital da cidadanía co servizo público de saúde
Destaca que a medida axilizará e personalizará as comunicacións da cidadanía co sistema publico de saúde, facilitará información individualizada aos doentes e acompañantes nas distintas áreas de urxencias e hospitalización dos hospitais
Rueda anuncia a remisión ao Consello Consultivo do decreto que simplificará e axilizará a construción de vivenda a través da nova regulación das entidades de certificación de conformidade municipal
Destaca que esta medida se enmarca na aposta da Xunta “pola simplificación administrativa nun tema tan sensible como a vivenda”
A Xunta reforza a FP con 2.450 prazas máis e a implantación de formacións aceleradas, unha vía rápida de cualificación exclusiva de Galicia
Rueda salienta que o vindeiro curso ofertaranse 49.164 prazas de novo ingreso, unha cifra récord, distribuídas en 251 titulacións diferentes