Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas:
Rueda salienta as boas cifras de visitantes internacionais a Galicia como exemplo de turismo sostible e impulso económico
O titular do Goberno galego destacou que, no que levamos de ano, o 28% dos visitantes procedían de fóra das nosas fronteiras
Rueda anuncia que a Xunta financiará con 3 millóns de euros proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra
O responsable do Executivo autonómico sinala que o destino concreto destes investimentos será decidido polo Concello
Rueda destaca en Ares o compromiso da Xunta cun abastecemento de auga eficiente e adaptado ao futuro do concello
O proxecto conta cun orzamento global de case 4,3 millóns de euros (1,7 millóns aportados pola Xunta a través de Augas de Galicia), e comezará a desenvolverse no último trimestre de 2025
Rueda alerta de que unha decena de proxectos industriais están en risco en Galicia por falta de capacidade na rede eléctrica
Resalta a necesidade “urxente e real” de contar cunhas infraestruturas eléctricas “modernas, robustas e adaptadas” ás industrias do futuro
Rueda reivindica en Salvaterra de Miño o valor cultural e económico do sector vitivinícola galego como símbolo de identidade e calidade
Destaca o carácter estratéxico do sector, que conta con máis de 10.000 profesionais e case 450 adegas que elaboran viño baixo algún do cinco selos de D.O. ou indicación xeográfica protexida
A Xunta pon en marcha a maior auditoría enerxética de Europa en portos e polígonos para aforrar custos, avanzar na descarbonización e blindar a subministración eléctrica
Rueda salienta que arrancará en xuño en “193 parques empresariais e 122 peiraos autonómicos”
Rueda anuncia que as familias duns 60.000 alumnos poderán beneficiarse da nova desgravación fiscal do gasto en libros e material escolar
Asegura que o aforro previsto para os fogares suma “6,3 M€” ao ano
A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€
Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032