Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:

08/06/2026 | 16:02

A Xunta blinda a excelencia da formación e a investigación sanitaria cun concerto único coas tres universidades galegas no que investirá 21,5 M€

Alfonso Rueda explica que o novo modelo unificado, que estará vixente ata 2030, substitúe os acordos anuais e individualizados que o Servizo Galego de Saúde asinaba coas institucións do Sistema universitario galego

05/06/2026 | 15:48

Rueda destaca a capacidade de Galicia para adaptarse aos novos retos globais e de atraer novos investimentos como o da multinacional SAIC

Subliña que a compañía chinesa —que prevé nunha primeira fase a creación de 2.300 empregos e un investimento de arredor de 200 M€— puido decidirse por Galicia grazas á “estabilidade política e a aposta con firmeza polo que nos fai crecer”

03/06/2026 | 12:55

Rueda salienta a capacidade de Galicia para aproveitar oportunidades e atraer investimentos industriais internacionais

Lembra que o futuro complexo industrial de SAIC en Ferrol suporá 2.300 empregos directos e indirectos nunha primeira fase, 200 millóns de euros de investimento e 120.000 vehículos ao ano

01/06/2026 | 15:43

Rueda sinala que a FP galega superará a barreira das 50.000 prazas de novo ingreso o vindeiro curso e incorporará o primeiro dobre ciclo internacional de España

O presidente apunta que “un ano máis volve ser un novo récord a oferta porque tamén sobe moito a demanda”, feito que enmarca na “revolución silenciosa que a Xunta de Galicia vén impulsando hai moito tempo” na formación profesional

01/06/2026 | 15:25

A Xunta presenta a demanda para reclamar ao Estado a documentación de resposta ao ditame europeo en relación coa prórroga da concesión da AP-9

Rueda sinala que a presentación deste escrito é consecuencia da admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo presentado pola Administración autonómica contra o Ministerio de Transportes, ante a negativa expresa de facilitar a resposta enviada a Europa sobre o citado ditame