Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:
Rueda destaca que a residencia impulsada pola Fundación Amancio Ortega en Pontevedra comezará a recibir residentes no primeiro semestre de 2025
A FAO entrega chave en man á Xunta o complexo no barrio pontevedrés da Eiriña, lugar que lle dá tamén nome á infraestrutura, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras un investimento que supera os 25 millóns de euros
Rueda aposta polo aproveitamento sustentable da madeira e pola súa incorporación progresiva á estrutura das novas edificacións públicas
Resalta que a Xunta de Galicia traballa para consolidar a fortaleza e innovación do sector madeireiro galego grazas á colaboración público-privada
Rueda aposta por dar un maior impulso ás relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos
Destaca que o número de alumnos que estudan portugués en Galicia supera os 5.000
A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional
O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias
O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia pola Xunta supera os 1.100 M€, o 75 % do importe ingresado
Ángeles Vázquez salienta que o informe de execución do MRR de finais do terceiro trimestre de 2024 presentado hoxe no Consello da Xunta pon de relevo “que Galicia cumpre e está a facer os deberes” na tramitación dos fondos europeos
Rueda defende a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial como unha proposta idónea, traballada e de consenso
Destaca a singular paisaxe de auga que caracteriza e identifica a esta zona
Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais innovadores
Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural
Rueda destaca a figura de Antonio Palacios coma embaixador de Galicia a través do seu amplo legado arquitectónico dentro e fóra da comunidade
Resalta que sempre “exerceu e reivindicou a súa condición de galego”